Solapas principales

O Pleno debaterá a aprobación inicial da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo do Concello de Ames

Viernes, 15 de noviembre de 2024

O luns, 18 de novembro, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación inicial da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames. Tamén se abordará a aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación da RPT. Dita modificación da RPT foi aprobada por unanimidade de todas as seccións sindicais na Mesa Xeral de Negociación celebrada o 14 de novembro. No caso de ser aprobada en Pleno suporía a adecuación dos complementos específicos e incremento retributivo derivado, para a totalidade do persoal municipal. O incremento retributivo aplicarase de forma progresiva en catro anos, dende 2024 ata 2027. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O salón de Plenos da Casa do Concello acollerá o luns, 18 de novembro, ás 10.00 horas, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación inicial da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames, e sobre a modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación da RPT.

No Boletín Oficial da Provincia do 1 febreiro de 2007 publicouse á Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ames, aprobada definitivamente polo Pleno na sesión do 13 de xaneiro de 2007. Dita RPT experimentou un total de 11 modificacións ata o momento actual, sendo a ultima aprobada na sesión do 31 de maio de 2022, publicado o texto modificado no BOP do 18 de xullo de 2022.

Décimo segunda modificación da RPT
A décimo segunda modificación da RPT ten o seguintes obxectivos:
1.-Racionalización e homoxeneización funcional xeral mediante a fixación dunhas previsións/responsabilidades funcionais básicas, xerais e de aplicación común á diferentes divisións administrativas complementando a actual descrición funcional da estrutura dos postos.

2.-Racionalización e homoxeneización retributiva xeral pretendendo a obxectividade e igualdade retributiva concretamente na adecuación das retribucións vinculadas aos postos e ao seu desempeño homoxeneizando as retribucións dos postos idénticos ou que se entendan con perfiles obxectivamente asimilables aos efectos retributivos.

3.-Adecuacións concretas: regularización e actualización dos réximes de especiais condicións de xornada/horario, regularización de retribucións en concepto de nocturnidade, festividade e distorsión horaria e adecuación como consecuencia da creación da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL.

Incrementos retributivos derivados da modificación da RPT
Os incrementos retributivos derivados desta décimo segunda modificación da RPT serán aplicados de forma progresiva durante catro exercicios orzamentarios comenzando no presente exercicio 2024 e con arranxo aos seguintes criterios temporais e porcentuais:

-Exercicio orzamentario 2024, e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2024, aboarase o 25% do incremento do complemento específico previsto para cada posto.
-Exercicio orzamentario 2025, e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2025, aboarase o 50% do incremento do complemento específico previsto para cada posto.
-Exercicio orzamentario 2026, e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2026, aboarase o 75% do incremento do complemento específico previsto para cada posto.
-Exercicio orzamentario 2027, e con efectos dende o 1 de xaneiro de 202, aboarase o 100% do incremento do complemento específico previsto para cada posto.

No caso de que dita modificación da RPT sexa aprobada terá que ser sometida a información pública por prazo de 20 días hábiles mediante anuncio no BOP e taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello. No caso de que non haxa reclamacións, alegacións ou suxestións durante o trámite de información pública, a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de forma automática. Se se presentan reclamacións, alegacións ou suxestións, deberán ser resoltas polo pleno da Corporación que procederá á aprobación definitiva da décima segunda modificación puntual da RPT.

Imaxe de arquivo do salón de plenos