- Tematica
O salón de plenos da Casa do Concello acollerá este mércores, 13 de novembro, unha sesión plenaria extraordinaria na que se debaterá a proposta de subsanación na documentación de solicitude de axuda ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), o abeiro do Real decreto 616/2017, de 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, modificado polo Real decreto 1516/2018, de 28 de decembro, e Real decreto 316/2019, do 26 de abril. Dende o IDAE requíreselle ao Concello de Ames a subsanación na documentación aportada para acollerse a dita subvención, e que pasa por aportar un novo certificado do acordo do Pleno que aprobe, de forma expresa, todos e cada un dos puntos establecidos no artigo 12.4 do Real decreto 616/2017, e que na memoria do proxecto se inclúa o dato da suma total das potencias contratadas de todos os cadros. A sesión plenaria desenvolverase ás 20:30 horas.
A Corporación municipal aprobou no pleno ordinario de agosto unha moción presentada por vía de urxencia para habilitar 294.057,80 euros para o financiamento da actuación de mellora da eficiencia enerxética no alumeado rural do concello de Ames, enmarcada no Programa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Este proxecto ten un orzamento de 1.470.288,94 euros, dos cales se solicitou unha axuda por valor de 1.176.231,15 euros.
O Pleno aprobou por unanimidade o compromiso de habilitar o crédito suficiente para financiar a execución total do proxecto singular mellora da eficiencia enerxética no alumeado rural do concello de Ames, no caso de que o proxecto resulte seleccionado no marco da convocatoria de axudas do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións á proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O Concello de Ames pretende acollerse á convocatoria indicada para realizar dito proxecto, actuación encadrada na liña 6 da convocatoria; renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización interior. A actuación proxectada ten un orzamento total de 1.470.288,94 euros, o que supón que o Concello de Ames, no caso de resultar seleccionada a súa actuación, ten que habilitar crédito por importe de294.057,80 euros que supón un 20% do orzamento total. O 80% restante, 1.176.231,15 euros, será sufragado con cargo aos fondos europeos no caso de que dita concesión sexa aprobada.
Logo de aportar a documentación requirida para optar á subvención, dende o IDAE requíreselle ao Concello de Ames a subsanación na mesma e remitir un novo certificado do acordo do Pleno que aprobe, de forma expresa, todos e cada un dos puntos establecidos no artigo 12.4 do Real decreto 616/2017, e que na memoria do proxecto se inclúa o dato da suma total das potencias contratadas de todos os cadros.
Mellora da eficiencia enerxética no rural
O concello de Ames dispón de 7.133 puntos de luz e de 173 centros de mando no seu sistema de iluminación pública. Dentro do proxecto actual proponse substituír 4.540 puntos, o que representa o 64% do total de luminarias. Estes puntos para substituír englóbanse en 120 centros de mando, que tamén serán reformados, representando o 69% do total de centros presentes no termo municipal. Todas as luminarias incluídas nos cadros sinalados atópanse maioritariamente en vías rurais, con vías sen ancho regular e principalmente zonas de acceso a casas ou leiras en núcleos rurais. Deste xeito, reducirase a contaminación lumínica e conseguirase unha redución do consumo de enerxía eléctrica do 53% mantendo o mesmo número de puntos de luz.