Jueves, 30 de abril de 2020
- Tematica
Hoxe, ás 20.30 horas, celebrarase de forma telemática o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. As persoas que estean interesadas en seguir en directo dito pleno poden facelo premendo no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal. Deste xeito, accederán a unha canle para ver vía streaming a sesión plenaria.
Coa a posta en funcionamento da aplicación Councilbox pódese realizar hoxe, a partir das 20.30 horas, a sesión plenaria ordinaria do mes de abril. É a segunda sesión plenaria que se realiza deste xeito, despois do pleno ordinario de marzo, celebrado o pasado día 16 deste mes, que quedou pendente de celebrar debido ao estado de alarma no que nos atopamos como consecuencia da pandemia do Covid-19. Preme aquí para consultar a orde do día do pleno ordinario de abril.
A través desta aplicación, durante a realización da sesión, tan só se ve á persoa que está falando en cada momento coa quenda de palabra, e non a todos os/as participantes. O presidente do Pleno, neste caso o alcalde, é o encargado de darlle a palabra a cada participante. Dita aplicación permite establecer o quórum necesario para aprobar os asuntos tratados na sesión plenaria e elaborar unha orde dos día cos puntos a tratar.
A aplicación coa que se realiza o Pleno Telemático inclúe unha opción para votar de xeito telemático (a favor, en contra ou para absterse) e de forma certificada. Unha vez feita a votación a propia aplicación fai reconto de votos e confirma se o asunto foi aprobado ou rexeitado. O pleno será gravado e a citada aplicación permite facer un borrador de acta que tamén se pode converter a formato texto. O pleno poderase seguir en directo vía streaming. Para iso tan só hai que premer no banner que está colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal.

Orde do día do Pleno Telemático
A Corporación municipal debaterá a resolución da única alegación presentada e maila aprobación definitiva do Orzamento municipal de 2020. Ademais, abordarase a corrección de proxectos do POS 2020; a resolución da alegación e aprobación definitiva da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Ames; o expediente de investigación patrimonial dun camiño no lugar do Casaliño; e maila resolución da alegación e aprobación definitiva da terceira modificación puntual do Regulamento Orgánico Municipal.

Descargas: