Solapas principales

O programa “AmesON de verán” arrinca este mércores 29 coa actuación do grupo Club Naval no Milladoiro

Martes, 28 de junio de 2022

Por terceiro ano volve a programación musical “AmesON de verán”, que comeza este mércores 29 de xuño co concerto do grupo Club Naval na praza Manuel Murguía do Milladoiro, ás 21:00 horas. O programa, que se desenvolverá entre xuño e setembro, incluirá 13 actuacións musicais de balde, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica para dinamizar o sector comercial durante o período estival. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Esta semana volve o programa de concertos “AmesON de verán”, que ocupará os meses de xuño, xullo, agosto e setembro con ata 13 actuacións, con propostas para todos os públicos e con diversidade de xéneros musicais e propostas. Neste senso, a programación comeza este mesmo mércores 29 co grupo Club Naval, que estará na praza Manuel Murguía do Milladoiro ás 21:00 horas. A entrada é de balde e non cómpre retirar convite ou inscribirse.

Club Naval é un grupo vigués de comezos nos anos 80, que na actualidade realizan diferentes concertos en directo cun amplo repertorio de versións, entre as que se atopan dende temas clásicos dos 70, 80 ou 90 ata os últimos éxitos do momento.

A actuación de Club Naval será a encargada de comezar o “AmesON de verán”, despois de que o concerto do coro Son Elas, programado para o mércores 22 de xuño, tivera que ser adiado por mor da previsión meteorolóxica.

Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Arranca AmesON con Club Naval en Milladoiro"

O programa “AmesON de verán” arrinca este mércores 29 coa actuación do grupo Club Naval no Milladoiro

Multimedia

  • O programa “AmesON de verán” arrinca este mércores 29 coa actuación do grupo Club Naval no Milladoiro