Solapas principales

O programa de prevención de condutas aditivas presenta este ano como novidade a inclusión de grupos de 4º y 5º de primaria e de FP básica

Jueves, 18 de febrero de 2021

350 alumnos/as de bacharelato e 150 de primaria participaron até o momento no programa municipal de prevención de condutas adictivas que organiza o Concello de Ames nos centros de ensino público de primaria e secundaria. Dirixido a rapaces e rapazas de entre 11 e 18 anos, o programa presenta como novidade este ano a inclusión do alumnado de 4º e 5º de primaria e de FP básica. Até de agora desenvolvéronse obradoiros no IES deBertamiránse no CEIPde Ventín. A actividade, coordinada polo Centro de psicoloxía Belén Montesa, continuará este mes nos resto dos centros educativos de Ames.

Hai xa varios anos que o Concello de Ames desenvolve este Programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. Os obradoiros adoitaban realizarse no primeiro trimestre do curso. Este ano, por mor da situación de pandemia, adiáronse até o segundo.

As intervencións comezaron no IES de Bertamiráns. Nesta ocasión ampliouse o número de sesións por grupo e clase e estendéronse as intervencións aos grupos de FP Básica, ademais dos da ESO, como se viña facendo en anos anteriores. En total, beneficiáronse do proxecto 350 alumnos/as que desenvolveron a actividade repartidos en 14 grupos. Fixéronse 84 sesións.

No mes de febreiro comezaron as intervencións nos centros de primaria. O CEIP de Ventín foi o primeiro. Os seis grupos de 6º de primaria deste centro educativo traballaron co uso responsable das TICS. Realizáronse 24 sesións e o programa alcanzou a 150 alumnos/as.

Nas próximas semanas está previsto que se realicen as intervencións nos demais centros educativos do concello, ampliando, como novidade deste curso, a intervención aos grupos de cuarto e quinto de primaria.

“As novas tecnoloxías, que provocan tantos beneficios no ámbito da educación, tamén son unha fonte de perigo, entre outras cousas pola adición que provoca estar sempre conectados ás pantallas. É necesario abordar esta cuestión desde as idades máis temperás. De aí que este ano incluísemos como novidade no Programa de prevención de condutas aditivas, a intervención en grupos de 4º e 5º de primaria”, manifesta a concelleira de Promoción da Saúde e Benestar social, Luísa Feijóo, que lembra tamén que “cando falamos de adicións non estamos falando única e exclusivamente de drogas, de alcohol, de sustancias, falamos tamén da adición ao xogo, as apostas ou ás novas tecnoloxías”.

Finalidade e metodoloxía
A metodoloxía do programa de prevención de condutas aditivas no ámbito escolar é totalmente participativa. A través de técnicas de traballo grupal como dramatizacións, enquisas, análise da publicidade ou debates, os alumnos e alumnas participan na construción dos contidos. Tamén se fan actividades individuais e actividades na casa para poder compartilas cos pais/nais/titores e que, ao mesmo tempo permitan achegar o tema dende o centro educativo á casa e viceversa.

E non só se traballa co alumnado, senón que tamén se desenvolven sesións coas familias e co profesorado onde se poden compartir inquedanzas e obter ferramentas para abordar esta problemática no seo das familias ou na mesma aula.

O programa está encamiñado a proporcionar ao alumnado a adquisición de capacidades e habilidades que lles permitan desenvolver estilos de vida saudables e afrontar adecuadamente as posibles situacións de perigo relacionadas, ou non, coas posibles adicións que poidan ir aparecendo o longo do da súa evolución. Tamén se traballa para aumentar as capacidades e habilidades persoais de resistencia a oferta de sustancias e se promove o desenvolvemento de recursos propios que faciliten actitudes e condutas de rexeitamento ao consumo.

O programa incorpora tamén un enfoque de xénero e contidos relacionados con outras condutas de risco como o abuso ou uso indebido das novas tecnoloxías.

IES de Ames

Multimedia

  • IES Milldoiro