Solapas principales

O programa SaúdeAndo retoma súa actividade e programa 38 andainas circulares dende os centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns

Jueves, 09 de enero de 2025

O programa SaúdeAndo 2025 comezará o día de hoxe continúa no mes de xaneiro con 3 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O programa SaúdeAndo inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano (exceptuando os meses de xullo e agosto), con 18 saídas desde o centro de saúde do Milladoiro e outras 20 desde o de Bertamiráns. Este ano comezarán o día de hoxe, xoves 9 de xaneiro, e continuarán o 16 de xaneiro en Bertamiráns, coma sempre, ás 17:30 horas.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, anima á veciñanza a acudir a estas andainas pois “son unha forma fácil e entretida de poñernos de novo en forma despois dos excesos do Nadal”. Por outra banda tamén explica que as andainas, a parte do compoñente de saúde física teñen un impacto positivo na saúde mental de quen as practica, facendo posible a socialización e a creación de lazos afectivos: “o grupo de persoas que acude a este tipo de actividades está totalmente consolidade, xa é case coma unha gran familia”, finaliza a concelleira.

Hoxe comezarán as andainas no Milladoiro e durante o mes de xaneiro haberá 3 máis, dúas en Bertamiráns os días 16 e 30, e outra no Milladoiro o día 23. As sesións, para as que non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Datas do SaúdeAndo 2025
Na edición do ano 2025, que constará de 38 andainas circulares, as datas dos percorridos que partirán sempre ás 17.30 horas dende os centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns, serán as seguintes:

• O Milladoiro: Xaneiro os días 9 e 23, febreiro os días 6 e 20, marzo os días 6 e 20, abril o día 3, maio o día 15, xuño os días 12 e 26, setembro os días 4 e 18, outubro os días 2, 16 e 30, novembro os días 13 e 27, decembro día 11.
• Bertamiráns: Xaneiro os días 16 e 30, febreiro os días 13 e 27, marzo os días 13 e 27, abril os días 10 e 24, maio os días 8 e 22, xuño os días 5 e 19, setembro os días 11 e 25, outubro os días 9 e 23, novembro os días 6 e 20, decembro os días 4 e 18.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames organiza para este ano 38 andainas circulares"

SaúdeAndo2024

Multimedia

  • Calendario SaúdeAndo 2025