Solapas principales

O programa Trouleando do mes de xuño esgotou as súas prazas

Martes, 14 de junio de 2022

A Concellaría de Mocidade, a través do programa Trouleando, propón para o martes, 28 de xuño, unha refrescante xornada no aquapark de Cerceda. As prazas para participar nesta actividade esgotáronse no mesmo día en que abriu o prazo de inscrición.

Para o mes de xuño, dentro do programa Trouleando, proponse unha xornada no aquapark de Cerceda, un parque acuático que dispón dunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. A actividade terá lugar o martes 28 de xuño.

O autobús sairá ás 10.30h dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e ás 10.45h dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participantes estarán de volta ás 21.15h no Milladoiro e as 21.30h en Bertamiráns.

Os/as participantes deben levar mochila con toalla, roupa de baño, chanclas, gorra, crema solar 50, máscara e roupa de recambio. Ademais deben levar a comida e merenda da casa, ou adquirila comprándoa no propio parque.

Para calquera dúbida, pódese contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, a OMIX, no correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Cartaz do Trouleando de xuño

Multimedia

  • Cartaz do Trouleando de xuño