Solapas principales

O programa Vivir Aquí da TVG emite o sábado unha reportaxe sobre Ames

Jueves, 24 de noviembre de 2016

[24-11-2016] O crecemento demográfico en Ames e as axudas que desde a administración local se ofrecen ás familias para poder conciliar a vida laboral e familiar foron obxectivo dunha reportaxe do programa “Vivir Aquí” da Televisión de Galicia. O programa emitirase na canle autonómica o sábado, 26 de novembro ás 15:45.

O programa buscou en Ames o contrapunto á crise demográfica do país. O xornalista Julián Gómez Ulla  visitou a Escola Infantil de O bosque e falou coa súa directora, Emilia Seara, sobre o crecemento de Ames nos últimos anos e gravou aos nenos e as nenas nas clases, no comedor e xogando.

Tamén se achegou ao Pazo da Peregrina para entrevistar á nutricionista municipal, Rosana Martínez, sobre os comedores escolares, os programas de conciliación da vida laboral e familiar e os campamentos. Por último varias o programa gravou a varias familias. Algunhas delas contaron para a televisión que elixiran Ames para vivir precisamente pola facilidade que este concello ofrece ás familias para poder conciliar traballo e atención aos fillos.