- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Patrimonio Histórico, e maila asociación de veciños/as Pedra do Fuso, están traballando na elaboración do proxecto “Ames. Unha parroquia, un concello”. Trátase dun proxecto que consiste en editar un libro de fotografías antigas da parroquia de Ames. Para elo contan co apoio económico da Deputación da Coruña. O traballo de documentación e recollida de material foi feito polos integrantes de dita asociación que contan con máis de 200 fotografías. O libro - documental está composto por fotografías e por unha peza audiovisual sobre o cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño. Xa se pode ver un avance da peza audiovisual sobre Maximino Viaño.
A fotografía como documento forma parte do patrimonio histórico e en consecuencia é fundamental para a conservación da memoria colectiva dunha parroquia. Con dito obxectivo estiveron traballando durante os últimos anos os integrantes da asociación de veciños/as Pedra do Fuso, que realizaron un importante labor de documentación e recollida de fotografías antigas entre a veciñanza da parroquia de Ames. Deste xeito, contan com máis de 200 fotografías recollidas pola veciñanza da parroquia de Ames.
Agora, unha vez rematado o traballo de recompilación de ditas fotografías, queren editar un libro que recolla todo o traballo feito previamente. Para editar dito libro fotográfico solicitaron xunto co Concello de Ames a colaboración económica da Deputación da Coruña. O pasado 16 de marzo o concelleiro de Educación, Patrimonio Histórico e Axenda Urbana, David Santomil, acompañado do secretario da asociación de veciños/as Pedra do Fuso, Alfredo Sánchez, mantiveron unha xuntanza co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e co deputado de Patrimonio, Xosé Penas.
En dito encontro solicitaron a axuda económica da administración provincial para editar un libro de fotografías antigas da parroquia de Ames. O proxecto leva por nome Ames. Unha parroquia. Un concello. As fotografías son de temática moi variada e reflicten a vida da parroquia. Tamén existen fotografías históricas da emigración, do patrimonio da parroquia, de deportes, das festas, etc.
Paza audiovisual sobre Maximino Viaño
O libro - documental está composto por fotografías e por unha peza audiovisual sobre o cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño. Ademais, está previsto que o prólogo de dito libro sexa elaborado polo cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño, que recibiu no ano 2020 a medalla do Concello de Ames. Xa se pode ver un avance da peza audiovisual sobre Maximino Viaño.
O concelleiro de Educación, Patrimonio Histórico e Axenda Urbana, David Santomil, explica que “se trata dun proxecto moi atractivo que fala da historia da parroquia de Ames dentro do concello de Ames e que inclúe unha paza audiovisual sobre a Maximino Viaño, que será o que elabore o prólogo do libro”.
Ademais indica que “a asociación de veciños e veciñas Pedra do Fuso realizou un gran traballo de documentación que se vai plasmar neste libro – documental que incluiría máis de 200 fotografías antigas da parroquia de Ames, que mostran a vida da parroquia anos atrás e incluso da emigración e doutras actividades deportivas e das festas celebradas. A través desta iniciativa divulgaranse os recursos de recuperación patrimonial, destacando o valor do proxecto dende unha perspectiva moderna, dinámica e atractiva”.
Novas relacionadas:
AMS GO!: "Ames recolle a súa memoria fotográfica en 'Ames. Unha parroquia, un concello'"