Solapas principales

O Punto Limpo recolleu en agosto case unha tonelada de plásticos

Domingo, 22 de septiembre de 2024

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou 885 entradas en agosto. Durante o pasado mes destaca a achega de 3.100 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 2.212 quilogramos de madeira, 1.139 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES) e 711 quilogramos de plásticos. Ademais, a través do Punto Limpo móbil recolléronse diferentes residuos en 26 entradas.

O número de veciñas e veciños que fan uso do Punto Limpo para depositar os seus residuos segue a aumentar, xa que cada vez somos máis conscientes do importante que é reciclar correctamente aqueles refugalos que non se poden depositar nos colectores convencionais.

Deste xeito, o pasado mes de xuño rexistráronse un total de 885 entradas no servizo municipal a través das cales se achegaron diferentes residuos. Máis concretamente, a veciñanza amesá depositou 1.139 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 711 quilogramos de plásticos, 123 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 114 quilogramos de roupa, 281 unidades de voluminosos e 22 unidades de pneumáticos usados.

Ademais, rexistrouse a entrada de 1.412 quilogramos de metais, 65 quilogramos de lodos de pintura, 2.212 quilogramos de madeira, 3.100 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 234 quilogramos de papel e cartón e 18 unidades de aerosois. Cómpre destacar tamén os aceites: 69 litros de aceite usado e 50 litros de aceite vexetal.

Tamén se achegaron 9 unidades de aparatos con CFC, HCFC, HC, NH3 (aparatos de frío) 24 quilogramos de envasases baleiros contaminados, 38 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES), 142 unidades de monitores e pantallas CRT-R5, 9 unidades de monitores e pantallas (non CRT nin LED), e 78 quilogramos de produtos fotoquímicos.

Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.

Punto limpo móbil
Por outra banda, o ano pasado comezou a funcionar o Punto Limpo móbil. Trátase dun vehículo adaptado que percorre os diferentes lugares e parroquias de Ames, cuns horarios e puntos prefixados, normalmente ao carón das Casas da Cultura ou locais sociais de cada parroquia, co obxectivo de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

A través do Punto Limpo móbil, no pasado mes de xuño, recolléronse diferentes residuos en 26 entradas. Deste xeito recolléronse 1 quilogramo de aceite usado, 2 unidades de pneumáticos usados, 11 quilogramos de madeira, 2 quilogramos de lodos de pintura, 24 quilogramos de metais, 44 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos
(PAES), 15 quilogramos de plásticos, 5 quilogramos de roupa e 9 quilogramos de voluminosos.

O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.

O Punto Limpo recolleu en agosto case unha tonelada de plásticos

Multimedia

  • O Punto Limpo recolleu en agosto case unha tonelada de plásticos