- Tematica
A Praza da Maía, ás 17.00 horas, será o escenario do segundo acto de preselección do concurso de karaoke "Canta con Ames", o sábado 3 de xullo, no que participarán 14 persoas repartidas entre as 3 categorías. 20 cantantes, seleccionados dos dous días, cada un na súa categoría correspondente, pasarán á semifinal que se celebrará o vindeiro 28 de xullo no Milladoiro, coincidindo coas festas da Madalena. A ambos eventos poderá acudir público con limitación de aforo. En caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, o evento do sábado trasladarase á Casa da Cultura do Milladoiro.
A fase de preselección do concurso de karaoke “Canta con Ames” remata o sábado, 3 de xullo, coa segunda xornada. Nesta ocasión, celebrarase en Bertamiráns na Praza da Maía. Participarán 14 persoas repartidas en 3 categorías: infantil, xuvenil e sénior.
Destaca a alta participación na categoría infantil fronte a categoría súper sénior ( máis de 61 anos, na que non houbo ningún participante. Nesta fase, a maioría de persoas optaron por competir con cancións actuais. Inscribiuse xente dos Concellos de Ames, Padrón , Sanxenxo , Cee, Carballo e Negreira .
Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica. quixo agradecer: “A todos e todas as persoas que se inscribiron no concurso Canta con Ames . Deste xeito aparte de que cumprimos unha das ilusións de moitos/as persoas aficionadas o Karaoke tamén axudamos a dinamizar o noso comercio local e hostalería . Agradecer a todos/as as nais e pais de menores por deixarlles participar no concurso . E por último agradecer a Victor Hugo as fotos tan bonitas que fixo chegar a Concellería de Promoción Económica” .
Unha vez remate a segunda xornada, 20 persoas, como máximo, cada unha na súa categoría correspondente, pasarán á semifinal que coincidirá coas festas de Milladoiro. Terá lugar o 28 de xullo na praza de Manuel Murguía, en plena celebración da festividade da Madalena. Cada cantante interpretará unha canción, ou segmento, en galego, castelán ou inglés. O tempo non poderá exceder de 2 minutos por participante. De esta fase sairán 6 seleccionados, dous por categoría, que pasarán á fase final. As persoas que non pasen á final recibirán vales para gastar no comercio e na hostalaría local.
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o 7 de agosto a final do concurso. Coincidirá coa celebración das festas da Peregrina. Os aspirantes interpretarán dous temas de diferente estilo musical. Todos os participantes da final levarán como premio un trofeo, unha cesta natural e un vídeo do seu paso polo concurso. Aos/ás semifinalistas de cada categoría outorgaráselles tamén un cheque de 30 euros para investir no comercio local. Os gañadores/as obterán un cheque de 100 euros, tamén canxeable no comercio local e a posibilidade de cantar nas prebadaladas de fin de ano. Nesta fase final será onde os participantes poderán interpretar os temas enteiros, sempre que non superen os 4 minutos. Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da final.
O xurado
O xurado da fase presentación e da fase de preselección está composto por 3 membros nomeado por resolución de alcaldía entre persoal que participe na organización da actividade. O xurado da fase semifinal e da final estará composto por 3 membros nomeados por resolución de alcaldía entre profesionais do mundo da música.
O xurado avaliará os seguintes criterios: harmonía, ritmo, afinación, dominio da escena e interpretación. Tendo en conta os criterios de avaliación, cada persoa do xurado, poderá outorgar a cada participante de 1 a 10 puntos por actuación.
Novas relacionadas:
Revista AmesGO: "O ‘Canta con Ames’ prosegue en Bertamiráns"