Solapas principales

O soul&funk será o protagonista do AmesON

Martes, 03 de agosto de 2021

O programa “AmesON” segue animando o verán amesá. Desta volta será co concerto de Nerea&Chocolate. O quinteto vai sorprender aos asistentes a ritmo de soul&funk. O concerto celebrarase o mércores 4 de agosto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas.

A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O oitavo concerto do “AmesON”, dos trece que están programados, será o do grupo Nerea&Chocolate.

O quinteto de soul&funk vai facer vibrar ao público coas súas versións de rock&roll, soul e funk. O AmesON programa unha nova xornada de música para revitalizar o sector da hostalaría e animar á veciñanza a gozar das noites do verán en Ames.

A música do “AmesON” volverá o domingo 8 de agosto coa Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz . Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "O AmesOn pásase ao soul&funk"

Nerea&Chocolate