Solapas principales

O Trío de Música Tradicional “Caldo” actuará na praza da Maía o 18 de xullo

Miércoles, 15 de julio de 2020

A praza da Maía acolle o sábado 18 de xullo, ás 22:30 horas, a actuación do Trío de Música Tradicional “Caldo”.  O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña, dentro do ciclo “Cultura no camiño”.  O concerto é de balde. O aforo, por mor das actuais normas de seguridade, limitase a 100 persoas. No caso de que choiva, o espectáculo trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Trío Caldo está formado pola violinista María Jorge, o gaiteiro Pedro Fariñas, encargado tamén dos arranxos e da harmonización a través da guitarra, e a vocalista e pandereteira Anaís Barbïer. María Jorge está presente na escena da música popular galega desde hai varios anos a través dos seus propios proxectos e da colaboración en distintos proxectos con diferentes artistas e bandas. O gaiteiro Pedro Fariñas é un dos noves claves no ambiente da música tradicional e do folk galego. A voz de Anaïs Barbier forma parte importante do grande elenco de cantareiras que temos en Galicia.

Caldo gravou o seu primeiro disco en vivo no outono de 2018. A proposta integra melodías tradicionais galegas en novos contextos sonoros. Ademais, o proxecto enriquécese  coa creación de pezas propias tinguidas das harmonías e os sons das músicas europeas e atlánticas. No proxecto revisase o repertorio tradicional, poñendo o foco na aldea pontevedresa de Moscoso. Neste senso, Caldo contou con material de Rosa e Aida Garrido, recollido polo mestre Xisco Feijóo nos anos 90. Parte deste repertorio de Moscoso emprégase como fío condutor do álbum no que tamén aparecen temas propios compostos por Pedro Feijó e un fandango, Fandangocf16, extraído da colección Feijoó.  

Está previsto que o concerto se desenvolva o 18 de xullo a partir das dez e media. Será ao aire libre, na praza da Maía, e cun aforo limitado a 100 persoas que garanta a distancia de seguridade e as normas hixiénicas necesarias para evitar contaxios. No caso de que chova, o espectáculo trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Trio Caldo en Bertamiráns

Multimedia

  • Trio Caldo