Solapas principales

O xoves 16 de novembro abre o prazo de inscrición na sesión de contos “Mulleres de Pedra” de María da Pontragha

Miércoles, 15 de noviembre de 2023

O venres 24 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representase a sesión de contos “Mulleres de pedra” con María da Pontragha. Trátase dun espectáculo para nenos e nenas a partir dos 3 anos no que se narran contos e historias de mulleres fortes e eternas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. A inscrición estará aberta do 16 ao 23 de novembro ata completar aforo. Esta actividade enmárcase dentro do programa Apego e da programación “Novembro Cultural” elaborada con motivo da celebración de Santa Icía e do 25N.

O venres 24 de novembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro teremos con nós a María da Pontragha coa súa sesión de contos “Mulleres de Pedra”, que nos vai ser útil para traballar a igualdade coas crianzas. María traeranos contos e historias de mulleres fortes e eternas que, despois dunha vida longa, botan a vista atrás para agasallarnos coa súa experiencia e contribuír a romper cos estereotipos de xénero. A actividade vai dirixida a familias con crianzas a partir de 3 anos.

A entrada, coma sempre, é de balde pero é necesario inscrición previa. Os/as interesados/as en asistir deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas participantes, así como un teléfono de contacto e as idades dos cativos e cativas que acudan. As familias poden anotarse dende mañá día 16, ata o xoves 23 de novembro. As prazas serán asignadas por orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra de prazo.

Esta actividade enmárcase dentro do programa Apego e da programación “Novembro Cultural”, que recolle actividades musicais e espectáculos de danza e teatro relacionados coa celebración de Santa Icía e coa conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Cartaz da sesión de contos “Mulleres de Pedra” de María da Pontragha

Multimedia

  • Cartaz da sesión de contos “Mulleres de Pedra” de María da Pontragha