Solapas principales

A obra “Irmandiñas” presentarase mañá, 10 de marzo, no Pazo da Peregrina

Martes, 09 de marzo de 2021

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá este mércores, 10 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de Irmandiñas, unha obra de Aurora Marco. O libro, publicado pola editorial Laiovento, trata do papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo do, até o momento, oculto papel das mulleres na creación deste movemento que contribuíu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX. A presentación, que é de balde, estará amenizada polo grupo musical Barahúnda.

As bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha serie de actividades para o mes de marzo relacionadas coas dúas grandes celebracións do mes: o Día da Muller e o Día da Poesía. O primeiro evento será a presentación do libro Irmadiñas o mércores 10 de marzo. O mesmo día realizarase unha nova sesión dos Dixicontos na que se narrará a obra Maruxa, de Eva Mejuto.

Aurora Marco, autora do libro, será á responsable da presentación que se celebrará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, este mércores 10 de marzo, ás 20:00 horas. Estará acompañada polo editor, Prudencio Viveiro Mogo, e pola concelleira de Cultura e responsable das Bibliotecas municipais, Natividade González. Ademais, o evento será amenizado polo grupo musical Barahúnda. A entrada é de balde. Haberá un aforo de 30 persoas como máximo.

A obra Irmadiñas, publicada pola editorial Laiovento, trata o papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo sobre o papel oculto das mulleres na creación deste movemento que contribuíu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX.  

Presentación da obra Libres e Vivas
Ademais, o mércores 17 de marzo, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, presentarase a obra Libres e Vivas, da editorial Galaxia. Trátase dunha obra colectiva de dez autoras diferentes das nosas letras que tratan a literatura, narrativa, poesía e teatro, desde diferentes aspectos que leva a enriquecer a súa achega persoal a esta obra.

As autoras abordan a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade e da igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir. A entrada é de balde. Haberá un aforo de 30 persoas como máximo.

Irmandiñas.

Multimedia

  • Irmandiñas.