Solapas principales

A obra “Rosalía” dará a coñecer a infancia da autora e poetisa, este xoves 17 en Bertamiráns

Lunes, 14 de febrero de 2022

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación de "Rosalía, o lugar onde nacen as poetas", unha aproximación á vida e a obra da maior figura da literatura galega. A proposta busca contarlle á cativada que a infancia é o lugar onde medran os poetas e as poetisas. Será este xoves 17 de febreiro, ás 18:00 horas, como parte da programación do mes de Rosalía. Os convites, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Colaboran a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e o Servizo de Normalización Lingüística de Ames.

“Rosalía, o lugar onde nacen as poetas” é unha obra pensada para nenos e nenas de primaria e para as súas familias e docentes. Programado orixinalmente para o pasado mes de decembro, o espectáculo tivo que aprazarse por mor da evolución epidemiolóxica no concello.

Agora, a proposta volve como parte da programación do Mes de Rosalía 2022,  que inclúe dúas representacións, a estrea dun mural dedicado á poetisa e a campaña “Rosalízate”, que levará dous “photocalls” da escritora á praza da Maía, en Bertamiráns, e á travesía do Porto, no Milladoiro.

Dirixida por Fina Calleja, da compañía Sarabela Teatro, e interpretada por Rocío González e Cristina Collazo, “Rosalía” busca mostrar que ela, unha das figuras máis importantes da literatura e cultura galega, tamén foi nena.

A protagonista da peza é unha Rosalía de Castro que demostrará que a infancia é o lugar onde medran as poetas. As lecturas, a rebeldía, a curiosidade, os xogos ou as cancións populares quedarán debuxados como elementos chave para entender o desenvolvemento de Rosalía e de todos e todas as persoas asistentes.

Novas relacionadas

Enfoques.gal: "La obra ‘Rosalía’ dará a conocer la infancia de la autora el próximo jueves en Bertamiráns"

A obra “Rosalía” dará a coñecer a infancia da autora e poetisa, este xoves 17 en Bertamiráns

Multimedia

  • A obra “Rosalía” dará a coñecer a infancia da autora e poetisa, este xoves 17 en Bertamiráns
  • A obra “Rosalía” dará a coñecer a infancia da autora e poetisa, este xoves 17 en Bertamiráns
  • A obra “Rosalía” dará a coñecer a infancia da autora e poetisa, este xoves 17 en Bertamiráns