Solapas principales

Obradoiros de iniciación e consolidación á marcha nórdica en Bertamiráns e no Milladoiro

Lunes, 20 de septiembre de 2021

Organizados pola concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, os obradoiros de iniciación desenvolveranse o sábado 25 de setembro na contorna do Pavillón Polideportivo do Milladoiro e o domingo, 26, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os de consolidación, impartiranse o sábado 2 de outubro no Milladoiro e o domingo, 3, en Bertamiráns. Para inscribirse é necesario enviar un correo a promociondasaude@concellodeames.gal. O prazo remata o día 23 de setembro ás 14:00 horas. A actividade está dirixida a persoas maiores de 12 anos, é de balde e enmarcase dentro do programa “Ames Saudable”.

A actividade responde á intención da concellaría de Promoción da Saúde de continuar promovendo os beneficios deste deporte. “Levamos varios anos organizando cursos de marcha nórdica e a demanda medra a medida que a veciñanza de Ames coñece a actividade e todas as vantaxes que conleva para a saúde. É unha actividade moi completa que involucra tanto o tronco inferior como o superior , incrementa e potencia a mobilidade, a flexibilidade, a forza, a resistencia, o equilibrio e a coordinación”, manifesta a concelleira de Promoción da Saúde, Luisa Feijóo, quen insiste nos beneficios que a nivel cardiovascular, muscular e mesmo psíquico reporta esta actividade: “a marcha nórdica é unha actividade física non agresiva que axuda a corrixir posturas, reduce molestias cervicais e dorsais, favorece a aliñación da columna e a saúde cardiovascular, por non falar dos beneficios que a nivel respiratorio e a nivel emocional reporta a práctica do deporte e máis cando se fai en compañía”.

Nos cursos de iniciación, que se desenvolverán o sábado, 25 de setembro no Polideportivo do Milladoiro e o domingo, 26, no pazo da Peregrina de Bertamiráns, ensinaranse os fundamentos básicos desta actividade que optimiza o rendemento e o esforzo ao camiñar coa axuda de bastóns e que, ademais das pernas e as cadeiras, involucra no exercicio ás costas, aos brazos e aos ombreiros. O perfeccionamento da técnica desenvolverase nos cursos de consolidación que terán lugar o sábado, 2 de outubro, no Polideportivo do Milladoiro e o domingo, 3, no pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Actividade de balde
A actividade é de balde e está dirixida a persoas maiores de 12 anos. Para a realización da actividade requírese un grupo mínimo de 5 persoas. Os cursos desenvolveranse a partir das 10:00 horas da mañá. Teñen preferencia as persoas empadroadas en Ames. A inscrición farase a través do enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal. O prazo para inscribirse remata o 23 de setembro ás 14:00 horas.

Cartaz

Multimedia

  • cartaz