Solapas principales

As obras de ampliación do polideportivo de Bertamiráns xa están adxudicadas

Jueves, 15 de julio de 2021

A Xunta de Goberno local aprobou o procedemento aberto simplificado cun único criterio de adxudicación e tramitación anticipada das obras de ampliación do pavillón polideportivo municipal de Bertamiráns. O proxecto conta cun orzamento de execución por contrata de 499.997,57  euros. A empresa adxudicataria é Ocisat SL.

O contrato ten por obxecto ás obras de ampliación do actual pavillón polideportivo de Bertamiráns, cun novo módulo na súa ala sur. Este novo espazo atenderá, preferentemente, ás actividades de voleibol e baloncesto. Preséntase como unha prolongación ou anexo do actual, de tal forma que o lado curto do pavillón se convertería no lado longo do novo.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís ve esta obra moi necesaria pola actividade deportiva que se practica no concello, polas distintas disciplinas que se imparten nas escolas deportivas,  así como pola alta demanda de espazos por parte dos clubs que temos no concello. E engade “con esta obra de ampliación contaremos con un novo espazo que permitirá flexibilizar os horarios das distintas actividades”.

Con esta ampliación preténdese acadar varios obxectivos. Por unha banda, atenderase a numerosa demanda de actividade de voleibol, patinaxe e baloncesto. Ademais reformula e adapta a deficiente proporción actual do edificio. O proxecto técnico da obra foi redactado por Salgado e Liñares arquitectos.

Estas obras sumaranse ao proxecto xa executado de ampliación do pavillón de Bertamiráns, que conta cun anexo dotado dunha nova sala de ximnasio e unha pista de squash cuberta, así como á construción na área deportiva de Bertamiráns dunha pista de pádel, unha pista de baloncesto e duns novos vestiarios no pavillón.

Condicións especiais de execución
Co fin de dar cumprimento ás esixencias sociais na contratación pública, inclúese a condición de que os adxudicatarios deberán contratar unha muller desempregada a xornada completa. Tamén se deberá dar cumprimento á normativa sectorial de protección de datos de carácter persoal, tanto estatal como europea.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Bertamiráns contará cun polideportivo máis amplo "

Revista AmesGO: "Adxudicadas as obras de ampliación do polideportivo de Bertamiráns"

Pavillón Polideportivo de Bertamiráns