- Tematica
A Organización Mundial da Saúde recoñeceu a labor, encabezada por España e Perú, na Cume sobre a Acción Climática 2019 das Nacións Unidas. Estes países conseguiron concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro, xa que a contaminación de este cause ao ano 7 millóns de mortes. Ames é un dos 33 municipios de España involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.
A OMS, xunto co Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Coalición polo Clima e o Aire Limpo, puxeron en marcha a iniciativa “Aire Limpo”. A campaña climática pretende os estados se comprometan a lograr una calidade do aire que sexa segura e establecer políticas contra o cambio climático e contaminación da atmosfera en 2030.
A Iniciativa Clima e Aire Limpo está dentro dunha coalición internacional, liderada por España, Perú e organismos e axencias de Nacións Unidas, para impulsar a acción en calidade do aire e saúde, transición xusta e xénero.
Deste xeito, os 41 países y os 71 gobernos rexionais, xunto coas 33 cidades españolas, promoven accións específicas como a implementación de políticas para preservar a calidade do aire e prever o cambio climático, e tamén o desenvolvemento de estratexias referidas ao transporte e as súas emisións contaminantes. Segundo a OMS, cada ano a contaminación do aire causa 7 millóns de mortes.
A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, asegurou, no evento de Alto Nivel sobre a Iniciativa Clima e Aire Limpo que: “Cando se ten en conta a saúde, frear o cambio climático é unha oportunidade, no un custe, e aporta un beneficio inmediato e visible”.
A pesar de que a OMS agradeceu o compromiso adquirido na iniciativa, a situación provocada pola Covid-19 prexudica aos obxectivos establecidos polo proxecto. A pandemia mundial afectou aos medios de vida, á saúde e o desenvolvemento sostible. Non obstante, a crise sanitaria tamén serviu para concienciar á poboación sobre a importancia de frear o cambio climático e a contaminación do aire.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames é un dos municipios comprometidos coa campaña climática Aire Limpo"