Solapas principales

Os amesáns Uxío Canosa e Nacho Casal, entre os dez primeiros mellores na Copa de Galicia de Ciclocross

Martes, 29 de diciembre de 2020

O club amesán ciclista Os Esfola Arrós competiu na Copa de Galicia de Ciclocross con Uxío Canosa, master 40, e Nacho Casal, na sub 23. Ambos deportistas conseguiron situarse entre os dez primeiros postos, Canosa na quinta posición e Casal, na novena nas súas respectivas categorías. Ferrol foi o lugar escollido para pechar a última edición.

Uxío Canosa, que en Ferrol tivo unha saída con dificultades debido a zona con gran desnivel, logrou subirse ao pódium, segundo consecutivo despois do segundo posto acadado o pasado ano no Porriño e terceiro consecutivo de esta tempada.

Para Nacho Casal, sub 23, a carreira de Ferrol foi a segunda desta tempada tras a de Maceda. Mantivo o mesmo tempo en cada unha das cinco voltas, logrando acadar unha mellor plaza que na anterior carreira, colandose entre os 9 mellores da súa categoría.

Copa de Galicia de Ciclocross

Multimedia

  • Copa de Galicia de Ciclocross
  • Copa de Galicia de Ciclocross