Solapas principales

Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI

Miércoles, 30 de octubre de 2024

Os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, acompañaron esta mañá á directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, na visita que fixo ao Centro de formación e emprego de Aldea Nova, onde se imparte o programa integrado de emprego que rematará o vindeiro 12 de novembro. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% das 100 persoas desempregadas participantes, superando obxectivo de inserción inicial. De seguido, achegáronse á ETAP de Sisalde, que presta servizo a ambos concellos, onde os 20 alumnos/as do obradoiro dual de emprego Renova VI están instalando paneis solares fotovoltaicos. Ambos programas están financiados pola Xunta de Galicia a través de dúas subvencións por un importe total de 766.156,80 euros. Os Concellos de Ames e Brión achegan o financiamento restante que ascende a 219.483,15 euros.

Os Concellos de Ames e Brión, xunto coa Xunta de Galicia, son unha referencia en colaboración institucional no que se refire á realización de programas e obradoiros de emprego. Así se demostrou hoxe pola mañá na visita feita ao alumnado que participa no programa integrado de emprego e no obradoiro dual de emprego Renova VI, na que participaron á directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; o alcalde de Ames, Blas García; o alcalde de Brión, Pablo Lago; a concelleira de Promoción Económica e Emprego de Ames, Ana Belén Paz; a concelleira de Promoción Económica e Emprego de Brión; Guarina Rey; a concelleira de Servizos Sociais de Brión, Rosa Romero; e maila primeira tenente de alcalde de Brión, Sandy Cebral. Tamén participaron diferentes técnicos/as municipais e persoal docente que imparte ditos programas de emprego.

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, explicou que “desde a Xunta é un pracer poder asistir a esta visita e ver os resultados exitosos das políticas activas de emprego que estamos a levar a cabo desde a Consellería de Emprego, Comercio e Migración onde o que incentivamos, precisamente, é a empregabilidade das persoas que están a participar nestes programas, sobre todo cara sectores de alta empregabilidade. Este é un exemplo de colaboración entre administracións públicas no que ambas compartimos ese interese na mellora da empregabilidade da poboación veciña deste dous concellos. Por suposto, vistos os resultados, son programas que seguiremos impulsando nos orzamentos do 2025, apoiando os programas integrados e os obradoiro de emprego. Tamén queremos dar a noraboa a este dous concellos, porque acertan moito nas familias profesionais, nos sectores aos que están orientados. Seguiremos co obxectivo de xerar un emprego de maior calidade e axudar á busca de emprego da nosa poboación activa en situación de desocupación”.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “agradecemos á Xunta esa colaboración que desde fai anos leva facendo no eido da formación cos Concellos de Ames e Brión. Pola nosa parte queremos seguir colaborando tanto coa Consellería como coa Xunta. Quero destacar a importancia do traballo que facemos en conxunto; por un lado porque aos Concellos nos permite aforrar, como no caso do obradoiro de paneis fotovoltaicos que redunda no aforro dos veciños, e por outro, estamos a falar de persoas. Tanto nos integrados como nos obradoiros, isto estámolo facendo para que as persoas que están  a ter dificultades para atopar un emprego vexan que as administracións camiñan ao seu lado para axudarlles no camiño”.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, destacou que “é moi importante a colaboración que mantemos Ames e Brión neste obradoiros de emprego, e maila achega da Xunta de Galicia para que poidan levarse a cabo. Na visita de hoxe puidemos comprobar a acollida que ten esta iniciativa na veciñanza, tanto a nivel de formación para conseguir un emprego digno, como a nivel de obras, que repercuten positivamente nos veciños. Eu aposto sempre por mancomunar servizos e de traballar conxuntamente, porque así chegamos máis lonxe, e isto é un exemplo disto”.

Obradoiro dual de emprego Renova VI
Os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver a sexta edición do obradoiro dual de emprego Renova, no que participan 20 alumnos/as traballadores/as (15 do concello de Ames e 5 do concello de Brión). Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial ENAE0108 de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impártese a especialidade do catálogo SEPE: SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas. O alumnado ten que completar 1.920 horas de formación teórica e práctica. Este obradoiro rematará o vindeiro 23 de novembro e os Concellos de Ames e Brión xa están traballando no proceso de selección da sétima edición deste obradoiro de emprego.

Ademais, completouse a formación do alumnado no certificado de profesionalidade con cinco cursos a maiores: curso de prevención de riscos laborais homologado pola Fundación laboral da construción, curso de carretillas elevadoras, curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP), curso de traballos en altura, e curso sobre a lexionela. Ditas accións formativas teñen o obxecto de inculcar prácticas seguras nos traballos e nas actuacións aprobadas (cultura preventiva) e mellorar a cualificación e empregabilidade do alumnado.

Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego en que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 546.546,80 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. Os Concellos de Ames e Brión achegaron 179.476,18 euros.

Novas instalacións fotovoltaicas
Ademais da formación teórico práctica, o alumnado realizou un total de 22 actuacións de interese municipal. Neste caso, están montando unha nova instalación de paneis solares fotovoltaicos na estación depuradora de Sisalde, que presta servizo aos concellos de Ames e Brión. Dita instalación consta 90 módulos fotovoltaicos para unha potencia total instalada de 49,5 kWp, ademais dos equipamentos adicionais para o seu funcionamento (inversores, cableado, etc.). Así mesmo executáronse traballos previos para o acondicionamento do terreo (nivelación, instalación de zapatas e lastres para os paneis, etc.). Tamén se executaron as instalacións fotovoltaicas e sistema de bombeo nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro, así como a instalación dun sistema de bombeo na piscina municipal de Bastavales en Brión.

Así mesmo, realizáronse traballos de mantemento nas instalacións fotovoltaicas do centro de formación e emprego do concello de Ames, no campo de fútbol e no pavillón polideportivo de Bertamiráns, no campo de fútbol do Milladoiro, na Casa da Cultura e nas instalacións deportivas do Milladoiro, na escola infantil municipal de Brión, no pavillón polideportivo de Brión, no espazo colaborativo Transformando de Brión, na planta EDAR da Ameixenda, na planta EDAR do Milladoiro, no centro polivalente de Brión, na estación depuradora de Lens (que presta servizo aos concellos de Ames e Brión), e na pérgola fotovoltaica da biblioteca de Brión.

Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión
Ademais do obradoiro de emprego, os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver o programa integrado de emprego 2023-2024, que rematará o vindeiro 12 de novembro de 2024. A edición actual conta con 100 participantes demandantes de emprego dos colectivos: persoas menores de 30 anos, persoas maiores de 45 anos e mulleres. Á data actual xa están a traballar ou traballaron o 50% dos participantes, superando obxectivo de inserción inicial. Para realizar este programa contouse cunha subvención da Xunta de 219.610 euros, mentres que os Concellos achegaron 40.006.97 euros.

Ao longo do programa desenvolvéronse catro itinerarios formativos de carácter sectorial, nos que se incluían diferentes cursos e prácticas non laborais: actividades para a infancia e a xuventude; actividades de comercio e atención ao público; xestión e organización do almacén e turismo, acompañados de prácticas non laborais en empresas do concello e a súa contorna. Os itinerarios completáronse con formación transversal en inglés, manexo de carretilla elevadora, hixiene e manipulación de alimentos e técnicas de primeiros auxilios, entre outros, ademais de toda a formación en habilidades socio-laborais e busca de emprego

Actualmente estase a impartir a última formación programada, correspondente a informática e novas tecnoloxías, e alumnado da formación sectorial realiza ou xa finalizou prácticas non laborais en diferentes empresas da contorna.

Ademais, os Concellos de Ames e Brión xa puxeron en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Na actualidade estase co proceso de selección das persoas participantes. Ata o día 29 de novembro de 2024 está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2024-2025. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo.

As persoas que cumpran os requisitos indicados e estean interesadas poden cubrir o formulario cos seus datos premendo nesta ligazón. Para ampliar información sobre o programa poden contactar no enderezo de correo electrónico inseramesbrion@gmail.com ou nos teléfonos 608 459 678 (María Lloves) e 663 771 876 (Pablo Bello).

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames y Brión forman a 20 desempleados como instaladores de paneles solares"

La Voz de Galicia: "El taller de empleo de renovables de Ames y Brión concluye con 22 intervenciones en espacios públicos"

Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI

Multimedia

  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI
  • Os Concellos de Ames e Brión forman a 120 alumnos/as a través do programa integrado de emprego e do o obradoiro dual de emprego Renova VI