- Tematica
Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Este obradoiro está sufragado a través dunha subvención de 531.046,20 euros, concedida aos Concellos de Ames e Brión por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
O alumnado traballador recibirá formación teórico-práctica do certificado de profesionalidade ENAE0108 MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS SOLARES FOTOVOLTAICAS, e as especialidades do catálogo SEPE: SSCI002 Operacións auxiliares de mantemento en piscinas de uso colectivo e fontes ornamentais e SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas.
As persoas seleccionadas como alumnos/as traballadores/as deberán ter unha idade igual ou superior aos 18 anos e estar inscritos/as como desempregados/as demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. O obradoiro de emprego dual Renova VI terá unha duración de 12 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.
A preselección do alumnado/traballador farase na Oficina de Emprego de Santiago Centro, onde serán preseleccionadas aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego e teñan solicitado realizar obradoiros de emprego na súa demanda de emprego antes do día 30 de outubro (incluído).
Así mesmo, as ofertas de emprego do persoal do obradoiro (director/a, mestres/as, titor/a e auxiliar administrativo/a) estarán dispoñibles no Portal de Emprego de Galicia.
As bases do proceso selectivo para a selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego dual “Renova VI”, están dispoñibles nas páxinas web de ambos concellos.
Novas relacionadas:
Enfoques: "Ames y Brión lanzan el taller dual de empleo Renova VI"
La Voz de Galicia: "Ames y Brión dan continuidad al plan de empleo especializado en el sector de las renovables"