Solapas principales

Os establecementos hostaleiros que se adhiran poderán servir comida e bebida ás persoas que acudan á última sesión do programa de Autocine no Milladoiro

Lunes, 14 de diciembre de 2020

A Concellaría de Promoción Económica organizou, dentro da programación Un Nadal diferente, para o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro, un programa de Autocine no Milladoiro. Proximamente informarase das sesións e dos filmes que se proxectarán dentro de dito programa de Autocine. A través desta iniciativa, ademais de fomentar o ocio, tamén se pretende implicar ao sector hostaleiro. Deste xeito, os establecementos que estean interesados poderán servir comida ás 21.15 horas nunha carpa habilitada no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no descaso da última sesión do Autocine que comeza ás 20.30 horas. Para adherirse a este iniciativa haberá que enviar un correo electrónico ata o 18 de decembro ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pretende combinar ocio e gastronomía local no programa de Autocine, que se vai desenvolver o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro no aparcadoiro do SuperCor, situado na rúa Agro do Medio, no Milladoiro. Deste xeito, as persoas que acudan a última sesión do Autocine dos días 26 e 27 de decembro, prevista para as 20.30 horas, poderán cear mentres gozan do cine. Para iso terán que facer os seus pedidos, antes das 20.00 horas de cada día, entre os establecementos hostaleiros que se adhiran a esta iniciativa.

Unha vez feito o pedido, os establecementos hostaleiros poderán levar a comida e bebida solicitada previamente, a unha carpa habilitada polo Concello de Ames no propio aparcadoiro onde se vai desenvolver o programa de Autocine. Ás 21.15 horas farase un breve descanso na proxección do filme e as persoas que fixeron os pedidos poderán baixar dos seus vehículos, recoller a comida e/ou bebida na carpa, pagar, e volver aos seus vehículos para seguir vendo a película e consumir a comida e/ou bebida adquirida.

Os establecementos hostaleiros que queiran adherirse a esta campaña de venda de comida e/ou bebida para a última sesión do programa de Autocine dos días 26 e 27 de decembro no Milladoiro, terán esta semana para inscribirse. Dende hoxe, 14 de decembro, ata o venres 18, terán que enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal solicitando a súa adhesión a dita iniciativa.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego:  "Autocine con comida os días 26 e 27 no Milladoiro"

Os establecementos hostaleiros que se adhiran poderán servir comida e bebida ás persoas que acudan á última sesión do programa de Autocine no Milladoiro