Solapas principales

Os hábitos saudables centran as actividades e faladoiros da IV Feira da Saúde e Benestar

Sábado, 26 de abril de 2025

A praza da Maía, en Bertamiráns, acolle ao longo da xornada deste sábado 26 de abril a cuarta edición da Feira de Saúde e Benestar, organizada polo Concello de Ames a través da Concellería de Promoción da Saúde. De 11:00 horas a 20:00 horas, un total de 12 asociacións participan neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, impártense dous faladoiros na Casa dos Maiores sobre as etiquetas alimentarias a cargo da dietista, nutricionista e xerontóloga, Áurea Casáis Martínez; e sobre a alimentación e o deporte como canalizadores das emocións a cargo da psicóloga, Belén Montesa. Tamén hai actividades deportivas como sesións de ioga e taichi, así como unha andaina polo Rego dos Pasos.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, organiza un ano máis durante o mes de abril unha serie de actividades relacionadas coa saúde e o benestar. Dese xeito, organizouse a cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar, que se desenvolve en Ames durante toda a xornada deste sábado, 26 de abril, en horario de 11:00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20:00 horas.

Ao acto de inauguración da IV Feira da Saúde e Benestar asistiron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, e varios concelleiros e concelleira do Goberno municipal, así como do grupo municipal do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego.

Durante a inauguración da feira o alcalde de Ames, Blas García, deulle as gracias “a todas as asociacións que formades parte desta Feira da Saúde. Hoxe aquí o que facemos é poñer o foco na promoción da saúde coas distintas asociacións que participan, con charlas e distintas actividades deportivas. Tamén queremos poñer en valor a actividade que se realiza dende o Concello, por iso este ano temos un stand propio. Non é habitual que os Concellos fagan unha promoción da saúde coma a que fai Ames, por iso temos que reivindicar o traballo que se está facendo dende os departamentos de Promoción da Saúde e de Deportes”.

Blas García engadiu “en Ames comézase a traballar a saúde cos máis pequenos e pequenas co sistema de conciliación de comedores e coas escolas deportivas. Ademais, temos programas de envellecemento activo como é o Amessan, e dende hai algo máis dun ano temos en marcha un programa de saúde mental, a través do cal se está axudado ás persoas do noso concello que o precisan”.

Por outra banda, a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, dixo “sempre é un pracer que todas estas asociación estean aquí con nós participando na Feira da Saúde, algunhas xa levan vindo dende a primeira edición e outras sumáronse este ano, co cal iso quere dicir que este evento funciona. Este ano dedicamos a Feira da Saúde aos hábitos saudables, queremos unir o deporte, a alimentación e a saúde mental, que tanta importancia ten na actualidade. Ademais, teño que agradecer o traballo que se realiza dende os departamentos de Promoción da Saúde e de Deportes. A través desta iniciativa queremos seguir fomentando a saúde e o benestar, que é algo fundamental e imprescindible para a veciñanza”.

Programación da IV Feira da Saúde e Benestar
Nesta cuarta edición da Feira da Saúde e Benestar participan 12 asociacións: ALCER, ANEDIA, ACEM, AECC, Alcohólicos Anónimos, ASANOG, AEPPNA, AGADEA, Dano cerebral, Fonte da Virxe, QuerENDO e Andade. Estas asociacións dispoñen dun posto para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a praza da Maía.

Ademais, este ano o Concello de Ames tamén dispón dun stand para proporcionar información sobre as actividades que realiza dentro do departamento de Promoción da Saúde.

A programación da mañá comezou ás 11:15 horas cunha sesión de ioga impartido por India&Tai na praza da Maía. Ás 12.15 hora realizáronse diversas presentacións das entidades participantes; e ás 12.45 horas na Casa dos Maiores, que está situada na propia praza da Maía, impartiuse unha charla sobre as etiquetas alimentarias a cargo da dietista, nutricionista e xerontóloga, Áurea Casáis Martínez.

A programación da tarde comeza ás 17.00 horas cunha nova sesión de presentacións a cargo das entidades participantes. De seguido, ás 17.30 horas hai unha andaina polo Regos dos Pasos, da que se encarga a técnica municipal da Aula da Natureza, Patricia Reboreda. O punto de saída e chegada da andaina está instalado na carpa da praza da Maía.

Ás 18.00 horas impártese un novo faladoiro na Casa dos Maiores, neste caso sobre a alimentación e o deporte como canalizadores das emocións a cargo da psicóloga, Belén Montesa. Ás 19.00 horas ofrécese outra actividade deportiva na praza da Maía, neste caso unha sesión de taichi, que volve a estar dirixida por India&Tai. O peche da feira está previsto para as 20.00 horas.

Os hábitos saudables centran as actividades e faladoiros da IV Feira da Saúde e Benestar

Multimedia

  • Os hábitos saudables centran as actividades e faladoiros da IV Feira da Saúde e Benestar