Solapas principales

Os Reis Magos xa están en Ames e os Paxes Reais recollen as cartas dos nenos e nenas do rural guiados por Protección Civil

Sábado, 02 de enero de 2021

Acompañados de membros de Protección Civil de Ames, e coa colaboración das Asociacións Veciñais do Rural, os Paxes dos Reis Magos recollerán as cartas dos nenos e nenas que viven nos núcleos do rural. As visitas desenvolveranse o sábado, 2, o domigo 3 e o luns 4 de xaneiro. Os Emisarios Reais estarán o sábado 2 de xaneiro nas parroquias de Piñeiro, Tapia, Ameixenda, Lens e Biduído. O domingo, 3 de xaneiro, nas de Agrón, Transmonte e Ortoño e o luns, 4 de xaneiro, achegaranse a Ames, Covas e Bugallido. Por outra Banda, Melchor, Gaspar e Baltasar xa están en Ames e todos os nenos nenas que o desexen poderán entregarlles as súas cartas en persoa nos Pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro desde hoxe até o 5 de xaneiro. Lembra que para a visita aos Reis do día 5 hai que pedir cita previa neste enlace. 

Os nenos e nenas que viven nos núcleos do rural que non poidan achegarse até os Pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro a entregarlle a carta en persoa a Melchor, Gaspar e Baltasar, terán a oportunidade de entregarlla aos Paxes Reais que visitarán as parroquias o sábado, 2, o luns, 4 e o domingo 5 de xaneiro. 

Os encargados de guiar aos Emisarios Reais polo territorio de Ames son os membros de Protección Civil que acompañarán aos paxes nesta importante tarefa. 

Os horarios nos que os Paxes Reais estarán nas parroquias son os seguintes: 

Sábado 2 de xaneiro

10:00 Piñeiro

11:00 Tapia

12:00 Ameixenda

13:00 Lens 

16:00 Biduído

Domingo, 3 de xaneiro

10:00 Agrón

12:00 Trasmonte 

16:00 Ortoño

Luns, 4 de xaneiro

10:00 Ames

12:00 Covas 

16:00 Bugallido

Os Reis xa están en Ames e hai que pedir cita previa para visitalos o día 5 

Por outra banda, os Reis Magos xa están en Ames e desde hoxe e até o día 5 de xaneiro reciben aos nenos e as nenas de Ames nos Pavillóns Municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. É importante ter en conta que este ano, por mor das condicións sanitarias que impón a COVID19, e para poder organizar a visita aos Reis Magos do día 5 de xaneiro con todas as medidas de seguridade, estableceuse un sistema de cita previa. Para pedir cita hai que facelo a través da sede electrónica do Concello, dentro do apartado "Solicitar cita previa". Cada unha das citas é para unha unidade familiar.

Podes pedir cita previa a través de este enlace

e despois seguir estes pasos: 
    • Seleccionar segundo desexe "Reis Magos Bertamiráns" ou "Reis Magos O Milladoiro".
    •  Marcar o día 5 de xaneiro e darlle a Ver dispoñibilidade. Aparecerán 4 opcións, que deberán despregarse para consultar se hai oco libre no horario que mais lle conveña. 

Horarios de Recepción Real
Os horarios para ver aos Reis o sábado 2, domingo 3 e luns 4 de xaneiro será de mañá, de 11:30h a 14.00 horas, e de tarde, de 17:00h a 20:30 horas. Para o martes 5 de xaneiro o horario de recepción Real será pola mañá o mesmo, de 11.30h a 14.00 horas, e pola tarde ampliase media hora, polo que será de 16.30h a 21.00 horas.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Los Reyes Magos más madrugadores ya visitan Ames y Santa Comba"

La Voz de Galicia: "Los Reyes Magos ya están en Ames"

Composela 24 horas: "Los Reyes Magos ya han hecho parada en Ames"

Paxes Reais no rural

Multimedia

  • Rei Gaspar
  • Rei Baltasar
  • Rei Melchor