Solapas principales

Os rapaces e rapazas de Ames reciben aos Reis Magos cunha gran festa nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns

Domingo, 05 de enero de 2020

Gaspar, Melchor e Baltasar pasaron hoxe por Ames para saudar as nenas e nenos do concello. Ás 17:00h e ás 18:00 horas, respectivamente, os Reis achegáronse ás Oficinas municipais do Milladoiro e á Casa do Concello, en Bertamiráns, para deixar a súa firma no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, dirixíronse aos pavillóns municipais nun vehículo antigo, acompañados dos seus paxes e heraldos. A súa chegada aos pavillóns municipais estivo marcada polo entusiasmo das máis cativas e cativos, os cales puideron desfrutar de espectáculos aéreos, pompas e luces led. Nos 90 minutos que durou o recibimento real repartíronse caramelos sen glute, así como chocolate con rosca para merendar.

A tarde deste domingo comezou no concello de Ames coas Súas Maxestades acudindo ás Oficinas municipais do Milladoiro, ás 17:00h, e á Casa do Concello, en Bertamiráns, ás 18:00h, para firmaren no libro de sinaturas municipal. Alí foron recibidos por diferentes membros da Corporación municipal. Posteriormente, ás 17:30h e ás 18:30 horas, respectivamente, os Reis chegaron nun vehículo antigo, acompañados polos seus paxes e heraldos, aos pavillóns municipais do Milladoiro e de Bertamiráns, onde xa eran esperados por centos de nenas e nenos acompañados das súas familias.

No Milladoiro, os reis percorreron as rúas Agro do Medio e dos Cereixos, así como a Travesía do Porto, antes de chegaren ao pavillón municipal. Pola súa banda, en Bertamiráns, os Reis partiron da praza do Concello e recorreron as avenidas da Maía e da Peregrina. Nas dúas localidades producíronse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pasou a comitiva real.

O discurso do alcalde, José Miñones, marcou o inicio da Festa de Reis nos pavillóns municipais, tralo que o rei Melchor transmitiu ás nenas e nenos congregados unha mensaxe chea de ilusión e ledicia, e prometeulles non esquecer ningún fogar amesá durante a súa visita nocturna.

Espectáculos aéreos, de pompas e luces led
Asemade, cada un dos tres Reis Magos trouxo de regalo un espectáculo, polo que Melchor foi o encargado de presentar o primeiro dos espectáculos. O segundo espectáculo foi presentado polo rei Gaspar, mentres que Baltasar presentou a terceira das actuacións.

A primeira das representacións que se levou a cabo nas Festas de Reis de cada pavillón foi un espectáculo aéreo, no que dúas artistas de circo, especializadas na disciplina, realizaron acrobacias aéreas cunha corda. Proseguiuse cun espectáculo de pompas, no que un mozo e unha moza elaboraron orixinais e sorprendentes pompas de xabón. E para rematar, tres bailarinas realizaron unha danza na que usaron abanicos feitos de luces led.

Despois da realización das exhibicións, as nenas e nenos puideron achegarse aos Reis para conversar e fotografarse con eles. Nos dous actos, que duraron aproximadamente 90 minutos cada un, serviuse chocolate con rosca para toda a veciñanza que a acudiu aos pavillóns polideportivos.

Os rapaces e rapazas de Ames reciben aos Reis Magos cunha gran festa nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns

Multimedia

  • Os rapaces e rapazas de Ames reciben aos Reis Magos cunha gran festa nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns