Solapas principales

Os rapaces e rapazas do CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul” con motivo da celebración do Día da Diabetes

Viernes, 27 de noviembre de 2020

O Concello de Ames integrou na súa programación para  celebrar o Día Mundial da Diabetes, o pasado 14 de novembro, un contacontos infantil. Raquel Queizás, integrante da Asociación ANEDIA, impartiu no CEIP de Ventín o espectáculo “Un caso azul”, un conto para informar aos alumnos sobre esta enfermidade e eliminar prexuízos.

Raquel Queizás, nai dunha nena de 10 anos con diabetes, colabora coa Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes en Galicia (ANEDIA) do xeito que mellor sabe, narrando historias.

O Concello de Ames contou co seu espectáculo para completar a programación co motivo de celebración do Día Mundial da Diabetes, o pasado sábado 14 de novembro. Deste xeito, a actriz puxo en escena o contacontos  “Un caso azul” para os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria  do CEIP Ventín o xoves 26. Ás 12.00 horas, a sesión volveuse a repetir de xeito virtual para que o resto de alumnado puidese gozar desta actividade por estrampina.

Neste conto, onde a protagonista e unha detective, vaise descubrindo como o caso xira ao redor dunha persoa con diabetes. Os rapaces e rapazas, a través da técnica do teatro foro, pasaron de ser espectadores a transformarse en “espectadores” para conseguir simpatizar e propor solucións a conflitos que a veces xera  o descoñecemento.

O obxectivo deste espectáculo é explicar aos nenos e nenas maiores de 7 anos, de forma sinxela,  en que consiste a diabetes e familiarizalos cos síntomas máis comúns. Ademais, dunha maneira lúdica e atractiva, preténdese proporcionar unhas pautas de actuación para que poida apoiar ás persoas con diabetes do seu entorno. Por un lado, Queizán preténdese,  a través deste contos, axudar aos menores con esta doenza para que a acepten máis facilmente diante dos compañeiros e, por outro, dar ferramentas ao profesorado para poder xestionar as distintas situacións e emociones que pode provocar a diabetes na aula.

Coa diabetes na mochila
Esta sesión enmárcase, xunto co outro espectáculo de Queizán dirixido a nenos e nenas de infantil, “Ano ten diabetes”, enmarcado no proxecto de ANEMIA, “Coa diabetes na mochila”.

O CEIP Ventín ten dúas alumnas que padecen esta doenza e, por este motivo, o corpo educativo conta con dúas educadoras, Bea e Ila, que se encarga de facilitarlles o día a día. As familias das rapazas, quixeron destacar a súa labor xa que, segundo afirma Queizán, poucos centros educativos teñen este tipo de profesionais.

Raquel Queizás comezou con esta iniciativa tras coñecer o caso 2 caso dunha das nenas da asociación, que sufría rexeitamento por parte dos compañeiros e dos profesores. Por medo a que contaxiara, non lle permitían ir ao comedor escolar e non a invitaban aos aniversarios dos compañeiros/as, “ a falta de información fai que a xente sexa moi cruel”, asegura a actriz.

Os alumnos e alumnas do Ventín acolleron, curiosos, o espectáculo “Un caso azul”. “Parécelles impresionante como poden axudar e saber o que hai que facer cando alguén ten o azucre baixo”.

Novas relacionadas:

Compostela 24horas: "Alumnos CEP Ventín desfrutaron co espectáculo de contos “Un caso azul”"

Revista AmesGo: "O alumnado do CEIP de Ventín familiarizouse coa realidade da diabetes"

Raquel Queizas

Multimedia

  • Raquel Queizas