Solapas principales

Os Reis Magos e o Apalpador visitaron Ames

Miércoles, 05 de enero de 2011

[05-01-2011] Con luces de cores, música e moito fume entraron os Reis Magos nos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns. Os Magos de Oriente, acompañados de varias comparsas de rapaces e rapazas e coa presenza por primeira vez do Apalpador, pasaron por Ames facendo a ledicia de todos os nenos e nenas. Este ano a choiva non permitiu que a Cabalgata das Súas Maxestades desfilara polas rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. A pesar diso os Reis Magos foron recibidos nos pavillóns polideportivos do Milladoiro e de Bertamiráns por centos de nenos e nenas e polas súas familias. As autoridades municipais non faltaron a esta cita co fin de recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar. Este ano os Reis Magos contaron coa inestimable axuda do Apalpador, unha personaxe mítica galega que visitará tamén as casas dos nenos e nenas do concello para repartir ilusións nesta noite máxica que se aproxima.

Un ano máis os Reis Magos pasaron polo concello de Ames antes de comezar o traballo que teñen que realizar todas as Noites de Reis. A chuvia desluciu un pouco a visita dos Magos de Oriente a Ames, pero a pesar de que a cabalgata non puido desfilar pola rúas do Milladoiro e de Bertamiráns a recepción as Súas Maxestades foi todo un éxito xa que os dous pavillóns estiveron cheos de rapaces e rapazas que esperaban con ansia e expectación a visita dos Reis Magos. Foron moitos os nenos e nenas, acompañados das súas familias, os que se achegaron ata os pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns para falar coas Súas Maxestades e contarlles os regalos que lles pediron.

Este ano os Reis Magos contaron coa inestimable axuda do Apalpador, unha personaxe mítica galega que visitará tamén as casas dos nenos e nenas do concello para repartir ilusións nesta noite máxica que se aproxima. Deste xeito, na cabalgata deste ano, non só estiveron as Súas Maxestades de Oriente, senón que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer e de ver de preto esta figura tan propia da nosa cultura como é o Apalpador.

Xunto aos Reis Magos estiveron preto de 200 nenos e nenas, acompañados dos seus pais e nais, da Biblioteca Municipal, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro, que realizaron unha comparsa para acompañar as Súas Maxestades. Os integrantes desta comparsa cantáronlle varias panxoliñas aos Reis Magos para agradecerlles a súa visita a Ames. A mocidade amiense tamén aportou o seu gran de area na organización da cabalgata. Uns 14 rapaces e rapazas de entre 13 e 16 anos vestíronse de paxes e de mascotas da factoría Disney para acompañara aos Magos de Oriente na súa visita aos noso concello. Ademais, no Milladoiro arredor de 70 nenos e nenas dos Lúdicos tamén participarán no desfile vestidos cos traxes típicos de galego.

En primeiro lugar os Reis Magos visitaron O Milladoiro. A pavillón polideportivo desta localidade serviu de punto de encontro cos centos de nenos e nenas que agardaron pacientemente a chegada da comitiva real. Neste lugar os Magos de Oriente foron recibidos polo alcalde de Ames, Carlos Fernández, e varios concelleiros e concelleiras do grupo de goberno. A continuación, 60 nenos/as e pais/nais da comparsa da Biblioteca municipal interpretaron varias panxoliñas de Nadal. Os rapaces e rapazas da Biblioteca municipal homenaxearon cos seus disfraces os contos tradicionais, como Carrapuchiña Vermella, Brancaneves ou Os tres porquiños, Alicia en el país de las maravillas, entre outros.

Hoxe tamén foi un día especial para os gañadores do Concurso de Cartas aos Reis Magos, posto que recibiron o premio das mans das Súas Maxestades. Despois de tanta xentileza os Reis amosáronse encantados coa amabilidade de todos os cativos e antes de marchar todos os nenos e nenas do Milladoiro tiveron a ocasión de contarlles as súas maxestades o que lles pediron para esta noite.

Despois de estar no Milladoiro os Magos de Oriente desprazáronse ata Bertamiráns. Ao igual que no Milladoiro, o pavillón polideportivo desta localidade serviu de punto de encontro cos cativos e cativas. Nesta ocasión seguiuse o mesmo ritual que no Milladoiro e os Magos de Oriente entregaron os premios do Concurso de Cartas aos Reis Magos. Xunto á comitiva real foron 120 nenos/as e pais/nais da comparsa da Biblioteca municipal de Bertamiráns, que interpretaron varias panxoliñas de Nadal e entregáronlles un gran carta que escribiron eles mesmos.

Neste caso tanto nenos/as como pais/nais disfrazáronse de varios personaxes dos contos tradicionais como O Soldadiño de Chumbo, o Pallaso e a Princesa ou Pocahontas, entre outros. Antes de marchar as Súas Maxestades prestáronlle atención a todos os nenos de Bertamiráns, para coñecer de primeira man que querían de regalo esta noite.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La magia de los reyes les permitió estar en todas partes"