- Tematica
O Concello de Ames vén de publicar un bando no que se fai un recordatorio das obrigas dos responsables de terreos forestais contemplados na Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia modificadas pola Lei de 7/2012 de montes de Galicia.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, informa a todos os veciños e veciñas de Ames, que a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a lei de “Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia” modificada posteriormente pola lei 7/2912 de “Montes de Galicia” (DOG do luns 23 de xullo de 2012).
A mencionada lei establece no seus artigos 21 e 22 as obrigas das persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos, que deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza), antes do 31 de maio de cada ano, xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais ubicadas a menos de 400 metros do monte, de maneira que nestes 50 metros non poderá haber nin piñeiros nin eucaliptos nin acacias, de acordo cos criterios de xestión de biomasa establecidos na disposición transitoria terceira.
As distancias no caso de edificacións, vivendas illadas ou urbanización mediranse dende o paramento das mesmas. No caso de depósito de lixo, parques ou instalacións industriais, mediranse dende o límite das instalacións.
No caso de incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente, segundo o artigo 22 da Lei 3/20017, de procedemento de xestión da biomasa no ámbito das redes secundarias, o Concello de Ames poderá proceder á notificación ás persoas responsables da súa obriga, advertíndolle da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que correspondese, e da aplicación de multas coercitivas, no seu caso.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Limpieza de franjas hasta junio: todos contra el fuego para proteger las viviendas"