Solapas principales

Os “Seráns de Ames” continúan en agosto con “A illa sen tesouro”, este xoves 4 en Tapia

Miércoles, 03 de agosto de 2022

Este xoves 4 de xullo ás 19:30 horas a praia fluvial de Tapia abre a programación de agosto dos “Seráns de Ames”, coa proposta de teatro na rúa “A illa sen tesouro”, da compañía Ghazafelhos. Trátase da quinta das oito xornadas desta iniciativa da Concellaría de Cultura, que desenvolve ao longo de todas as tardes de xullo e agosto diferentes actividades para todos os públicos nas parroquias de Bugallido e Tapia. Premendo nesta ligazón pódese consultar o cartaz dos “Seráns de Ames”.

Arrinca o agosto dos “Seráns de Ames” cunha nova proposta de artes escénicas na praia fluvial de Tapia, desta vez cunha sesión de teatro na rúa. “A illa sen tesouro” é o espectáculo co que a compañía Ghazafelhos despregará a súa maxia, cunha escenografía dinámica en constante transformación. Nada en 2006 en Narón, esta compañía especialízase en espectáculos para o público familiar, xuntando xéneros como o teatro e o clown.

Neste senso, “A illa sen tesouro” é unha referencia ao clásico literario, na que a través da participación do público, os catro actores da obra fiarán esta fabulosa aventura de piratas. O espectáculo promete música, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera dun relato coma este, mesturada co humor presente nas producións de Ghazafelhos.

Ademais desta proposta, os “Seráns de Ames” contarán con tres paradas máis no mes de agosto. O próximo xoves 11, o campo da festa de Bugallido acollerá unha sesión de contacontos con Bibiana Calvo e Divina Fernández e o espectáculo “A tropa do Doutor Milagre”. Os “Seráns” volverán a Tapia en dúas semanas, o xoves 18, coa Foliada do programa Apego e a actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk. Por último, o xoves 25 Bugallido pechará a programación cun espectáculo de maxia.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Arrincan os Seráns en Tapia coa obra ‘A illa sen tesouro’ de Ghazafelhos"

Os “Seráns de Ames” continúan en agosto con “A illa sen tesouro”, este xoves 4 en Tapia

Multimedia

  • Os “Seráns de Ames” continúan en agosto con “A illa sen tesouro”, este xoves 4 en Tapia
  • Os “Seráns de Ames” continúan en agosto con “A illa sen tesouro”, este xoves 4 en Tapia
  • Os “Seráns de Ames” continúan en agosto con “A illa sen tesouro”, este xoves 4 en Tapia