Solapas principales

Os Socialistas de Ames presentan emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia por valor de case 10 M de euros

Miércoles, 30 de octubre de 2024

A executiva dos Socialista de Ames volveu reunirse para dar conta nunha nova xuntanza aberta dos asuntos municipais de interese para a veciñanza. Por outra banda, tamén elaborou un documento consensuado de emendas aos orzamentos autonómicos para o ano 2025 que recolle actuacións dunha gran importancia para a veciñanza de Ames.

Neste documento recóllense actuacións nas cales o orzamento aproximado para levalas a cabo rolda os 10 millóns de euros. O alcalde e secretario xeral dos Socialistas de Ames destacou a boa sintonía existente coa Xunta e, pese a ter chegado a acordos co goberno autonómico para dotar con fondos varias actuacións no concello, “é a nosa obriga esixirlle o máximo a todas as adminstracións para que na medida das súas posibilidades e dentro do seu marco competencial satisfagan ao máximos as necesidades da nosa veciñanza”.

Destes case 10 millóns de euros que se reclaman dende os socialistas de Ames, 4.500.000 son actuacións necesarias para garantir o saneamento e o abastecemento de auga no concello. Estas reclamacións comprenden a construción dunha canalización de abastecemento para levar a auga dende a potabilizadora de Lens ao núcleo do Milladoiro (2.000.000€) debido a que a ETAP non ten a infraestrutura necesaria e non presta o servizo a máis da metade do Concello e a prestación do servizo tanto de abastecemento como de saneamento para a veciñanza das parroquias de Tapia e Piñeiro en Ames e Troitosende na Baña levan reclamando (2.500.000€) . O beneficio sería para 600 habitantes.

Por outra banda tamén se require a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns, feito que xa foi comunicado á Consellería de Sanidade nunha reunión co Consellerio de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. A cifra que se estima é duns 3 millón e medio de euros.

O resto de actuacións reclamadas teñen que ver con mobilidade e seguridade viaria, como unha senda peonil entre Piñeiro e o límite municipal con Val do Dubra, a mellora da segurade da vía AC-453 (Roxos-Portomouro) e, por último, a mellora do transporte metropolitano.

Actuacións:
- Construción dunha canalización de abastecemento para levar a auga dende a potabilizadora de Lens ata  núcleo de O Milladoiro: 2.000.000,00 €.
- Senda peonil no lugar de Piñeiro ata o límite co concello de Val do Dubra: 250.000,000 €.
- Saneamento e abastecemento para as parroquias de Piñeiro, Tapia e Troitosende (A Baña): 2.500.000 €.
- Ampliación do centro de saúde de Bertamiráns: 3.500.000 €.
- Mellora da seguridade viaria na AC-453 (Roxos-Portomouro): 1.000.000 €.
- Mellora do transporte metropolitano: 350.000,00 €.

Os Socialistas de Ames presentan emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia por valor de case 10 M de euros