Solapas principales

Os/as creadores dos 15 proxectos do Ames AV LAB visitaron as instalacións de Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión

Miércoles, 13 de noviembre de 2024

A primeira edición do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual, afronta a súa recta final. Durante as últimas semanas, os/as creadores/as dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB visitaron ás instalacións das empresas Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión. Tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina MEDIA España).

Dende o pasado mes de maio leva desenvolvéndose no espazo colaborativo A Proa o Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Na primeira edición do Ames AV LAB, foron seleccionadas catro series, seis curtametraxes, tres longametraxes e dous documentais.

O Ames AV LAB ofrece, durante oito meses, prácticas innovadoras e estratexias transformadoras, que facilitan a creación e desenvolvemento destes 15 proxectos. Baixo a supervisión de expertos, acompáñase no percorrido profesional e creativo mediante: formación, titorización, mentorización, asesoramento especializado e financiamento coa finalidade de poder validar as propostas e arrancar e acelerar as iniciativas empresariais que participan nel.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “estas visitas tiveron como obxectivo principal dar a coñecer as empresas que forman parte da Comisión de gobernanza do Ames AV LAB. Os/as creadores/as do Ames AV LAB coñeceron en profundidade a traxectoria, actividade e experiencias destas empresas líderes, favorecendo o intercambio de coñecementos e o fortalecemento das relacións dentro do laboratorio audiovisual”.

Visita ás empresas que forman a Comisión de Gobernanza
Dentro da formación impartida dentro do Ames AV LAB organizáronse a finais de agosto e no mes de setembro os “Encontros de liderado”, dúas xornadas nas que participaron representantes das empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza. Estas actividades impartíronse no espazo colaborativo A Proa e contaron tamén coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e da técnica municipal, María Lloves.

Como continuidade desta actividade formativa, os/as creadores/as dos 15 proxectos que participan no Ames AV LAB, visitaron en dúas xornadas as instalacións das empresas Ficción Producións, Mirabelle Comunicación, Cinemar Films, Setemedia Producións e Zenit Televisión. Nestas visitas puideron coñecer de preto os proxectos audiovisuais que están desenvolvendo nestes momentos ditas empresas e mailo traballo que realiza o seu persoal.

Encontro con Peter Andermatt
Tamén participaron nun encontro por vídeo-conferencia con Peter Andermatt (director da Oficina MEDIA España). Andermatt impartiu un taller técnico sobre as oportunidades que ofrece Europa Creativa MEDIA (subprograma de Europa Creativa, que nace desde a Comisión Europea para dar apoio á industria audiovisual europea).

O director da oficina MEDIA presentoulles aos participantes do Ames AV Lab todos os servizos de apoio, en especial as diferentes convocatorias de axudas, as actividades de formación e networking e as canles de difusión do programa como ferramentas moi interesantes para empregar nos proxectos.

15 proxectos dentro do Ames AV LAB
As series que se están desenvolvendo dentro do Ames AV LAB son: As labregas, dirixa por Rosa Taboada; Amil, de Julia Herrmann; Orquestra Raíña, creada e guionizada por Sergio Rodríguez; e Deseo más, dirixida por Raúl Alonso. Dentro do xénero das curtametraxe desenvólvense seis proxectos; Fóra de campo, dirixida por Neves Rodríguez; Raíces analóxicas, dirixida por Manu Seoane; Tres cartas de esperanza, de Silvia Varela; Nemeto, de Marta Rodríguez; Cuando los árboles lloran, de Miguel Bouzas; e O Laúro, producida por Andrés Sanjurjo.

Por outra banda, hai tres longametraxes: 42.195 metros, dirixida por Noelia Papín; Hacia el espacio interior, de Roi Grandío; e Serenade, dirixida por Pedro Díaz. Dentro do xénero documental, seleccionáronse dúas propostas; Dous nichos para Maruja, producida e dirixida por Santiago Araújo; e Tramoloxía, de Álvaro Alvite.

Visita a Mirabelle Comunicación

Multimedia

  • Visita a Cinemar Films
  • Visita a Cinemar Films
  • Visita a Cinemar Films
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Ficción Producións
  • Visita a Mirabelle Comunicación
  • Visita a Mirabelle Comunicación
  • Visita a Mirabelle Comunicación
  • Visita a Mirabelle Comunicación
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Setemedia Producións
  • Visita a Zenit Televisión
  • Visita a Zenit Televisión
  • Visita a Zenit Televisión
  • Visita a Zenit Televisión
  • Visita a Zenit Televisión