Solapas principales

A palilleira amesá Ana Rosa Lista estará na segunda Bienal de Sebourg, en Francia, os días 8 e 9 de xuño

Jueves, 06 de junio de 2019

A Casa Escola Obradoiro da palilleira amesá, Ana Rosa Lista, estará na segunda Bienal de Sebourg, en Francia, no estand de Ames, España, os días 8 e 9 de xuño. Ademais, a palilleira amesá estivo os días 17, 18 e 19 de maio no décimo cuarto Encontro de palilleiras Concello de Pontevedra, onde presentou unha exposición na que reproduciu 17 cadros do pintor e xornalista, Luís Seoane, feitos con encaixe de palillos. O Concello ten a intención de poder expoñer esta mostra proximamente en Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción económica e Turismo, leva colaborando dende hai tempo coa Casa Escola Obradoiro de Ana Rosa Lista. Deste xeito,  estase traballando para realizar unha exposición en Ames dos últimos traballos da palilleira amesá. Ana Rosa Lista participou do 17 ao 19 de maio no décimo cuarto Encontro de palilleiras Concello de Pontevedra, onde presentou unha exposición na que reproduciu 17 cadros do pintor e xornalista, Luís Seoane, feitos con encaixe de palillos.

A palilleira amesá elaborou esta exposición nos últimos tres anos, a través da cal pretendeu homenaxear a Luís Seoane polas súas obras. A Casa Escola Obradoiro da palilleira amesá, Ana Rosa Lista, estará na segunda Bienal de Sebourg, en Francia, no estand de Ames, España, os días 8 e 9 de xuño.

A artista, formada na Escola Holandesa do Encaixe, ten realizado cursos de mestras tan destacadas como son Mariña Regueiro e Lia Baumaister-Jonkers. Na actualidade, imparte aulas na Casa Escola Obradoiro Ana Rosa situado nas Punxeiras Altas, na parroquia de Ortoño, así como no local social da Tarroeira, na mesma parroquia, e no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ademais tamén realiza obradoiros e charlas en diferentes puntos da xeografía galega e española.

Os seus traballos beben de tradicións tan dispares como a galega, a holandesa, a rusa ou a italiana, combinadas con técnicas máis modernas e novidosas. A artista amesá foi a gañadora do II Premio do 1º Concurso de deseño de Encaixe de Camariñas – Xacobeo 2010, así como do 1º Premio de Exaltación do Traxe Galego Antigo (1895) no ano 2012. Tamén participou en varias ocasións na Mostra Internacional “Rendas de Bilros” en Peniche.

ana rosa lista pontevedra 2019

Multimedia

  • ana rosa lista encontro palilleiras pontevedra 2019
  • ana rosa lista encontro palilleiras pontevedra 2019
  • segunda bienal sebourg francia cartel
  • ana rosa lista expo luis seoane
  • ana rosa lista expo luis seoane