Solapas principales

Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas

Jueves, 08 de agosto de 2024

Onte deron comezo en Bertamiráns as festas da Peregrina, uns festexos que rematarán o domingo 11, despois de cinco días de música e verbena para todos os públicos. Despois da actuación da orquestra París de Noia a pasada noite, hoxe é a quenda da orquestra Los Satélites no campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas.

Os dous principais núcleos de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, celebran por terceiro ano consecutivo as súas festas de xeito conxunto. O resultado desta unión é o cartel “Ames en festas”, unha programación de dez días de música, concertos e actividades para todos os públicos. O arranque tivo lugar no Milladoiro, coas festas da Madalena que, remataron o 6 de agosto coa actuación da Orquestra Gran Parada. Tras cinco días de festexos, a pasada noite Bertamiráns tomou a remuda coa celebración das festas da Peregrina da man da orquestra París de Noia

Na mesma liña hoxe continuarán as festas, coa actuación da Orquestra Los Satélites no campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas. Mañá, 9 de agosto, a noite arrincará no parque do Ameneiral co concerto de Guadi Galego ás 22:00 horas. De seguido, ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina haberá verbena a cargo do grupo La Banda de Ayer e a discoteca móbil Impacto.

Para o sábado 10 de agosto está prevista a actuación da Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto con Los Coleguitas e a discoteca móbil Fabrik. Ademais, este mesmo día a comisión de festas da Peregrina organiza por segundo ano consecutivo a romaría urbana “Ameneiral Fest”, no parque do Ameneiral. Comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú e, as persoas que queiran quedar a xantar poderán gozar dun menú a prezos populares composto por churrasco, chourizos criollos, empanada e bebida. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Sr.Salvaje, Stormy Trucks, Michu da Rocha e V-Roc, así como inchables e unha festa da espuma para os máis pequenos. A través desta iniciativa trátase de levar a festa ao centro de Bertamiráns para que a veciñanza poida gozar desta romaría e tamén teña un retorno económico para os establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e da Orquestra Tania Veiras. Elvira Tresguerras e o FC Meigas serán as encargadas de pechas as festas da Peregrina e o programa “Ames en festas” cun pregón que darán en nome do deporte feminino amesán, que terá lugar no campo da festa de Bertamiráns arredor das 14:15 horas.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Los Satélites animan hoy las fiestas en Bertamiráns"

El Correo Gallego: "Segue o éxito do Ames en Festas: últimas xornadas de troula da Peregrina en Bertamiráns"

Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas

Multimedia

  • Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas
  • Paris de Noia inicia os festexos da Peregrina acompañada de 4.500 persoas