Solapas principales

A parroquia de Ortoño celebra as súas festas de San Xoán 2022 do 23 ao 26 de xuño

Jueves, 23 de junio de 2022

Dende este xoves 23 e ata o domingo 26 de xuño, a parroquia de San Xoán de Ortoño celebra as festividades do seu patrón, arrincando esta mesma xornada cunha sardiñada, unha queimada e a actuación do grupo Fusión. No seu conxunto, durante os vindeiros días haberá unha serie de misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames e da Concellaría de Cultura, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

A parroquia de San Xoán de Ortoño comeza este xoves 23 de xuño as festas na honra de San Xoán, que se estenderán ata o domingo 26 e que se desenvolverán no campo da festa da parroquia. Hoxe a partir das 21:00 horas comeza a fin de semana de festividades cunha sardiñada, xunto cunha queimada e a actuación do grupo Fusión.

As festas continuarán o venres 24, cunha misa ás 12:00 horas na honra de San Xoán, unha procesión cos Viqueiras de Ordes e a actuación da Coral Lojo Batalla de Tapia, como parte do programa “Música nas parroquias”. Xa pola noite, ás 22:00 horas actuarán Henry Méndez e a orquestra Los Españoles.

O sábado 25, realizarase unha misa ás 12:00 horas na honra de San Antonio, cunha nova procesión dos Viqueiras de Ordes e co Grupo Allegro de Noia. Ás 22:00 horas, será a quenda do grupo Royal Espectáculo e da Disco Móvil CDC.

Por último, o domingo 26, pecharanse as festas cunha nova misa, acompañada dos Viqueiras de Ordes e da Coral Polifónica de Bugallido, de novo a través do programa “Música nas parroquias”. Ademais, presentarase a alfombra floral creada pola parroquia. Para rematar a semana, haberá actuacións da Banda Soft & Real e de Unión y Fuerza.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ortoño, en Ames, celebra el San Xoán"

A parroquia de Ortoño celebra as súas festas de San Xoán 2022 do 23 ao 26 de xuño

Multimedia

  • A parroquia de Ortoño celebra as súas festas de San Xoán 2022 do 23 ao 26 de xuño