- Tematica
As Concellarías de Xestión do Medio Natural e Turismo organizan para este domingo unha nova camiñada teatralizada, a cargo dos Quinquilláns, que se vai a realizar o vindeiro domingo, 30 de xuño, polas Fragas do Tambre. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. Para participar é preciso inscribirse antes das 14.00 horas deste venres 28 de xuño. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas. Haberá servizo de autobús. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono: 660 00 46 65, 609 92 36 16 ou 649 45 02 64. Recoméndase levar roupa cómoda e auga.
O segredo das Fragas do Tambre é a nova camiñada que se organiza despois do éxito de participación que tiveron as camiñadas teatralizadas polo rego da Andoriña, organizadas durante o último trimestre de 2023, incluídas dentro da programación de outono da Aula da Natureza. Este ano déuselle continuidade a ditas actividades cunha camiñada polas Fragas do Tambre, que se realizou o pasado sábado 1 de xuño e na que participaron 47 persoas. Agora, este domingo 30 de xuño, realizase a segunda camiñada polas Fragas do Tambre.
Deste xeito, preténdese que a veciñanza de Ames coñeza a gran diversidade ambiental e valor histórico e patrimonial que existe arredor das Fragas do Tambre. Esta actividade desenvolverse en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas. Recoméndase levar roupa cómoda e auga. A camiñada estará amenizada polo grupo teatral Os Quinquilláns.
Percorrido de 4 km de dificultade baixa
O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. A camiñada arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens.
Os/as participantes comezarán na aldea de Oca. Durante o primeiro tramo do percorrido percorreranse camiños e pistas forestais. Ao longo da andaina iranse atopando personaxes que habitaron nestes lugares noutras épocas. Os primeiros habitantes desta zona deixaron marcas nas pedras, neste caso no petróglifo de Oca. Máis preto dos nosos días eran importantes as barcazas e barqueiros que cruzaban tanto ás persoas como aos animais camiño dos mercados da Baña. Especial relevancia terá na ruta a presenza da auga, tanto pola que leva o río Tambre, como a que brota de multitude de fontes que provén directamente do subsolo.
Xa en Lens, Javier Varela e a súa familia acolleran aos participantes na sua casa, onde ademais dunha viaxe na historia poderase desfrutar dos fermosos xardíns do Pazo de Lens, que recolle espléndidos exemplares de buxo, así como unha das camelias máis senlleiras de Europa. Para finalizar e co fin de fomentar hábitos saudables degústanse uns petiscos con produtos naturais de proximidade.
Trámite de inscrición
Para participar é preciso inscribirse ata as 14.00 horas deste venres 28 de xuño. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas. Haberá servizo de autobús. Ás 10.00 sairase da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10.15 dende o campo da festa de Bugallido, e ás 10.30 horas do Pazo da Peregrina. Para regresar o autobús sairá ás 14.00h dende Lens e pasará ás 14.10 polo Pazo da Peregrina, ás 14.20 polo campo da festa de Bugallido e ás 14.30 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono: 660 00 46 65, 609 92 36 16 ou 649 45 02 64.