- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a terceira Festa do Apego de Ames, que se celebrará o sábado 18 de xuño. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina. Se chove, as actividades trasladaranse á Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá contos, música, xogos e moitos máis recursos para gozar coa e desde a lingua. Ademais, as librarías municipais, Lenda e Máinomen, en Bertamiráns, e Nenos Nais, no Milladoiro, ofrecerán un 10% de desconto en materiais infantís en galego durante toda a xornada. O prazo de inscrición para as actividades estará aberto dende o 9 ao 16 de xuño. As reservas realizaranse enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando as actividades ás que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.
O Concello de Ames organiza a III Festa do Apego de Ames e convídanos a unha xornada de festa con contos, música, xogos e moitos máis recursos para gozar coa e desde a lingua. Será o sábado, 18 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns desde as 11.00h da mañá ata as 21.00h da noite. Quen queira pode traer comida e xantar no xardín. Haberá música, contos, xogos e moitos máis recursos e actividades para pasar unha xornada de lecer divertida e produtiva. Ademais, as librarías do concello colaborarán con mostras e descontos en materiais infantís en galego. Premendo nesta ligazón podedes ver toda a programación da festa.
O prazo de inscrición para as actividades estará aberto dende o 9 ao 16 de xuño. As reservas realizaranse enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando as actividades ás que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto. Neste enlace podedes descargar un formulario para facilitar a inscrición.
Segundo Escarlata Pampín, concelleira de Normalización Lingüística, A Festa do Apego nace coa pretensión de ser un espazo para a convivencia e o encontro entre as familias amesás “é unha xornada para a convivencia, para os contos, para os cantos e estamos seguras de que será un éxito”. E engadiu “agora que remata o curso escolar queremos festexar cos pequenos e as pequenas do concello porque o pasan xenial. Para eles é un día de festa, de troula, unha xornada na que desfrutan das diversas actividades e fano en galego”.
Rosa Moreiras, técnica do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames aproveitou a presentación da III Festa do Apego para poñer en valor o obxectivo do programa Apego “é un programa que sempre desperta moito interese e no que a participación sempre é moi alta e iso demostra o interese e a necesidade que teñen as familias de actividades, espazos e recursos que favorezan a crianza en galego e favorezan que as nenas e os nenos poidan desenvolverse no idioma que lle corresponde por nacer en Galicia”.
Programación da III Festa do Apego de Ames
A festa comezará ás 11.00 horas co espectáculo Son no berce, de Cris Collazo. Un concerto didáctico-sensorial para bebés co obxectivo de espertar as emocións a través de estímulos sensoriais: imaxes, palabras, tactos, aromas e música. Esta actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos.
Ás 12.00 horas chega, para as nenas e nenos de a partir de 3 anos, O pozo do encanto de Lydia Botana e Fabaloba. Traerán a Ames contos, cancións e recursos lúdico-educativos para enriquecer a crianza dun xeito divertido e creativo.
A mañá continúa ás 13.00 horas, co espectáculo para toda a familia, Cantacontos a carón da fiestra, onde os contos, a música e a poesía nos levan de viaxe polo máxico mundo dos soños da man de Manolo Boquete e Ramón Feáns.
Babaluva Teatro abre a sesión da tarde, ás 17.00 horas, coa súa Feira das sementes, dirixida a crianzas de a partir de 3 anos. Mirari Urruzola traeranos a feira máis pequena do mundo, na que nada se vende e na que as sementes se trocan por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.
Ás 18.30 horas daremos voltas, revoltas e reviravoltas coas Maimiñas e o seu concerto participativo de ritmos variados e melodías diversas para toda a familia viaxe polo mundo adiante sen saír do Pazo da Peregrina.
A III Festa do Apego péchase ás 20.00 horas coa actuación do grupo Migallas que nos ofrecerá as súas cancións máis populares para bailarmos e cantarmos a ritmo de rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba...
Actividades permanentes durante toda a xornada
Ao longo de todo o día haberá catro actividades que estarán de xeito permanente, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, no Pazo da Peregrina e para as que non se precisa inscrición:
- Espazo do Apego, con información sobre o programa Apego e os recursos que pon a dispor das familias.
- Espazo de Recursos, no que haberá unha ampla mostra de materiais para facilitar a crianza en galego (contos, música, audiovisual, xogos…) con asesoramento ás familias interesadas.
- Espazo de Xogos de mesa, con xogos de mesa en galego para todas as idades deseñados e creados por Brazolinda a disposición das persoas asistentes.
- Espazo de Xogo libre “Terra” de Miudiño, un espazo de xogo con material natural non estruturado con múltiples posibilidades para fomentar o xogo libre e a creatividade das crianzas.
Colaboración das librarías con descontos e mostras de recursos
As librarías municipais, Lenda e Máinomen, en Bertamiráns, e Nenos Nais, no Milladoiro, colaboran coa festa. Durante toda a semana do 10 ao 18 de xuño daranlle especial relevancia nos seus escaparates aos recursos infantís en lingua galega e o propio sábado 18 de xuño ofrecerán un desconto do 10% en todos estes materiais.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Festa do Apego con música, juegos y cuentos para la educación en gallego"
Enfoques: "A Festa do Apego volta a Ames cunha terceira edición con con xogos, música e contos"