- Tematica
O Concello de Ames e o colectivo A Rula organizan o sábado, 24 de agosto, a quinta edición da ruta nocturna circular aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra. Comezará ás 21:00 horas dende o miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa. Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21:00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21:15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23:30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes. Para participar nesta saída hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 25 prazas.
O sábado, 24 de agosto, o colectivo A Rula e o Concello de Ames organizan unha visita aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra, ambos os dous situados na área arqueolóxica da Ventosa e pertencentes ao conxunto do Parque Compostela Rupestre. Estes petróglifos son parte de máis dunha vintena de xacementos prehistóricos e protohistóricos repartidos por todo o municipio amesá.
Tanto o petróglifo da Peneda Negra como o de Monte Castelo foron descubertos a comezos de século XX por Óscar Lojo-Batalla Sampedro, ex-alcalde amesán durante a II República e que tivo unha estreita relación co patrimonio galego. En 1909 Oscar Lojo conduciu ata estas rochas ao acibecheiro santiagués Enrique Mayer e o debuxante Enrique Campo Sobrino, pertencente á sociedade pontevedresa, quen elaborou debuxos sobre os paneis para a súa exhibición na importante Exposición rexional celebrada en Compostela nese mesmo ano.
Mentres que o recordo da Peneda Negra mantívose, o petróglifo de Monte Castelo non foi redescuberto ata 2015, cando membros do Colectivo A Rula, procurando un acceso alternativo á Peneda Negra, encontraron de novo a rocha e recuperaron parte da súa memoria.
A ruta nocturna circular para coñecer este patrimonio de Ames comezará no miradoiro do bosque do Peregrino, en Ventosa, ás 21:30 horas. Para participar nesta saída, que conta con 25 prazas, cómpre inscribirse, enviando este impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.
Servizo de autobús
Haberá servizo de autobús, que pasará ás 21:00 horas pola Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 21:15 horas polo Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A visita rematará ás 23:30 horas. Ao remate haberá servizo de autobús de regreso, que volverá polos lugares onde colleu aos participantes.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Programan una ruta nocturna por petroglifos de Ames"
El Correo Gallego: "Planazo para una noche de verano: Ames y A Rula invitan a redescubrir los petroglifos de Ventosa y Castelo"
Lindeiros: "Visita nocturna aos petróglifos da Peneda Negra e Monte Castelo"