Solapas principales

Participa nas actividades e xogos populares en bici programadas para o sábado 19 de setembro no Milladoiro

Martes, 15 de septiembre de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a II Semana Europea da Mobilidade. Ditas actividades desenvolveranse en Ames do 16 ao 22 de setembro. Deste xeito, durante a próxima fin de semana haberá unha marcha ciclista nocturna; actividades e xogos populares en bici; e unha andaina pola senda O Milladoiro – Bertamiráns. Para participar nesta actividades é necesario inscribirse previamente.

O Concello de Ames celebra do 16 ao 22 de setembro a II Semana Europea da Mobilidade. Unha das actividades previstas dentro de dita programación é o programa de actividades e xogos populares en bicicleta, que están dirixidos aos nenos e nenas de 4 aos 12 anos.  Estas actividades realizaranse o sábado, 19 de setembro, a partir das 17.00 horas, no aparcamento da rúa Palmeiras, no Milladoiro.

Cada neno e nenas que participen deberá levar a súa propia bicicleta, casco e máscara. Tamén haberá persoal de Protección Civil con xel hidroalcólico para que cada persoa participante desinfecte as mans e se cumpran as normas de hixiene para previr a Covid-19. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.

Programa das actividades e xogos populares en bici:

17:00 - 17:30 horas: Chegada, rexistro, reparto de camisolas e montaxe de grupos.

17:30 - 19:00 horas: Primeira quenda de xogos. Haberá distintos xogos que se realizarán en zonas divididas do campo. Cada 20 minutos aproximadamente iranse cambiando os participantes de cada xogo para que todos e todas pasen por todos os xogos.
-Carreira de relevos
-Avance e STOP, con música.
-Tres en raia.
-Circuíto de tráfico.

19:00 – 19:30 horas: Descanso. Os nenos e nenas que queiran poderán levar a súa propia merenda da casa para comer algo durante o período de descanso.

19:30 – 21:00 horas: Segunda quenda de xogos. Ao igual que na primeira, haberá distintos xogos que se realizarán en zonas divididas do campo. Cada 20 minutos aproximadamente iranse cambiando os participantes de cada xogo para que todos e todas pasen por todos os xogos.
-Pañoliño.
-Montaxe de puzzle mediante carreiras de relevos.
-A bandeira.
- Pés quietos.

21:00 horas: Peche das actividades.

Cartel informativo das actividades da Semana Europea da Mobilidade

Multimedia

  • Cartel informativo das actividades da Semana Europea da Mobilidade