Solapas principales

Paula Carballeira, Carlos Blanco, Quico Cadaval e Pepo Suevos chaman a participar na II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Sábado, 08 de junio de 2024

Tras o seu paso polo ciclo de monólogos celebrado o pasado mes de maio, os cómicos Paula Carballeira, Carlos Blanco, Quico Cadaval e Pepo Suevos chaman á veciñanza a participar na II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames. O evento, que se celebrará o vindeiro 14 de xuño ás 20:30 horas no Pazo da Peregrina, busca recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. As entradas poden adquirirse premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario, no que tamén se recolle a información da Fila Cero para realizar donativos. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

Durante as pasadas semanas, os cómicos Paula Carballeira, Carlos Blanco, Quico Cadaval e Pepo Suevos empregaron as redes municipais para chamar á participación na II Cea Solidaria Pediatría & Concello de Ames, para recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. Así, tras participar na primeira edición do ciclo de monólogos celebrada o pasado mes de maio, os catro monologuistas animan a colaborar con esta causa solidaria asistindo ao evento ou ben facendo un donativo a través da Fila Cero.   

II Cea Solidaria Pediatría & Concello de Ames
Trátase dun evento que está organizado por Xuntanza de Empresarios de Ames, Obra Social Pediatría e Albarín Catering e eventos, e no que colabora o Concello de Ames. O obxectivo desta iniciativa é recadar fondos para contribuír á investigación sanitaria e ao incremento da calidade asistencial dos pacientes pediátricos do CHUS. Contarase coa actuación de DJ Dani e María Iglesias, gañadora do concurso Canta con Ames 2022.

Baixo o lema “Axúdanos a debuxar o seu sorriso” o evento realizarase o venres, 14 de xuño, ás 20.30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Para os nenos e nenas de ata 6 anos a entrada será gratuíta. Destes importes, 5 euros son de donativo. Premendo nesta ligazón podes acceder ao formulario que hai que cubrir para mercar as entradas da cea e á información da Fila Cero por se queres realizar un donativo. Para obter máis información tamén se pode chamar ao número de teléfono 641 11 60 05.

As entradas para o evento tamén se poder obter en tres establecementos comerciais e hostaleiros de Bertamiráns (Conchi Vallina, Papelería Chavián e Don Budi) e noutros tres do Milladoiro (cafetería Casa da Cultura, Nenos Nais e Nonna & Go).

Cartaz da II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames

Multimedia

  • Cartaz da II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames
  • Cartaz da II Cea solidaria Obra Social Pediatría & Concello de Ames