Solapas principales

Paula e Manuel Blanco participan no Open de Laredo de kickboxing, obtendo seis podios

Miércoles, 30 de marzo de 2022

Os irmáns Paula e Manuel Blanco Prol participaron en Santander no Open de Laredo de kickboxing, a primeira proba da Liga Last Round de kickboxing R2G, celebrado o pasado sábado 26 de febreiro. Paula Blanco conseguiu un ouro, dúas pratas e un bronce na categoría absoluta, mentres que Manuel Blanco levou dous primeiros postos en categoría cadete menor.

Os dous irmáns, veciños de Ortoño dende o ano 2015, participaron en febreiro nunha competición avalada pola Federación Española de kickboxing, apenas tres semanas despois de proclamarse campións galegos en varias modalidades dos seus respectivos pesos e categorías de idade.

Paula Blanco, actual dobre campioa galega absoluta en “pointfighting” e “light contact”, gañou nesta ocasión a proba de “pointfighting” de -55kg, mentres que rematou segunda en -60kg. Ademais, en “light contact”, foi segunda en -55kg e terceira en -60kg. Dende que en 2016 gañara o campionato de España na categoría previa á absoluta, Blanco é considerada deportista galega de alto nivel.

O seu irmán pequeno, Manuel Blanco, que compite na categoría cadete menor, gañou as probas de “pointfighting” e “light contact” no peso de -32kg. Manuel vén de gañar o campionato galego cadete en “light contact”, e de rematar segundo en “pointfighting”.

Novas relacionadas

AMSGO!: "Éxito dos irmáns Blanco Prol, veciños de Ortoño, no Open de Laredo de kickboxing"

Paula e Manuel Blanco participan no Open de Laredo de kickboxing, obtendo seis podios

Multimedia

  • Paula e Manuel Blanco participan no Open de Laredo de kickboxing, obtendo seis podios
  • Paula e Manuel Blanco participan no Open de Laredo de kickboxing, obtendo seis podios