Solapas principales

Paula Quintas chegará o 17 de xullo a Bertamiráns co espectáculo “Multiperspectivas#2”

Lunes, 15 de julio de 2024

Este mércores, 17 de xullo, ás 21:00 horas, o parque do Ameneiral de Bertamiráns acollerá a representación de “Multiperspectivas#2”, a nova proposta da bailarina Paula Quintas. Este espectáculo, que combina danza, circo e improvisación teatral, abrirá a programación municipal de artes escénicas do segundo semestre, e está integrado no convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Dentro da súa aposta pola danza e o movemento, este ano o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, integrou na súa programación cultural máis espectáculos relacionados con esta disciplina artística. Entre as distintas propostas destaca o novo espectáculo de Paula Quintás, “Multiperspectivas#2”, que se representará o mércores 17 de xullo no parque do Ameneiral de Bertamiráns, ás 21:00 horas.

O Concello de Ames ten preparado para esta semana un amplo abano de actividades relacionadas coa danza e o movemento. O mércores 17 está previsto a representación de “Multiperspectivas#2, o xoves 18 representarase ne Bugallido o espectáculo “A vida tola de Pajarito”, un espectáculo de novo circo impulsado pola compañía galega Pistacatro, que se enmarca dentro da programación de Seráns de Ames 2024.

Ademais, o venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival internacional de danza e movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza.

Sinopse de “Multiperspectivas#2”
Trátase unha proposta orixinal que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público e experimentando así cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: unha reflexión sobre os límites entre o privado e o público.

Este espectáculo intégrase en “Multiperspectivas”, un proxecto de investigación máis amplo que parte dun traballo académico e performativo presentado como tesina pola Universidade Rey Juan Carlos, no 2020. A partir da primeira cápsula (“Multiperspectivas#1”), este proxecto camiña cara unha Cápsula #2, co marco teórico dunha tese doutoral comenzada en outubro de 2021. Así, a creación deste espectáculo  xorde de varias concepcións teóricas que sinalan a necesidade práctica da acción e a perspectiva do espectador como reflexión contemporánea dentro da danza.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Danza, circo e improvisación teatral con Paula Quintas"

Paula Quintas chegará o 17 de xullo a Bertamiráns co espectáculo “Multiperspectivas#2”

Multimedia

  • Paula Quintas chegará o 17 de xullo a Bertamiráns co espectáculo “Multiperspectivas#2”