- Tematica
Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A entrada será libre ata completar aforo.
O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza un novo espectáculo para amenizar os seráns de verán. Esta nova proposta terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.
“Azúcar, pimienta y sal”
Os cantores de tango Héctor Rial e Enrique Migliarini, acompañado polo cuarteto “Sueño de Arrabal” presentan o seu novo espectáculo “Azúcar, pimienta y sal: show de tango”, que conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre. Ao espectáculo tamén se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical.
Ademais de Rial e Migliarini, integran este show os músicos Jorge Foscaldo, Alejandro Sabo, Leandro Amoroso e Javier Abel; e os bailaríns Jorge Bernúdez, Cruz Tonade e Karina More.
Novas relacionadas:
Ames Go: "“Azúcar, pimienta y sal”, tango na Praza da Mahía este sábado, día 15"