Solapas principales

A praza de Chavián acolle este sábado a final do concurso Baila con Ames

Miércoles, 28 de agosto de 2024

Este sábado, 31 de agosto, a pista de deportes da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a fase final da primeira edición do concurso “Baila con Ames” a partir das 19:00 horas. Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, durante a fase de selección o xurado decidiu que todos os/as participantes pasaran á final. Deste xeito, na fase final do concurso competirán 9 participantes na categoría individual ou parella e 9 grupos.  Entre os e as gañadoras repartiranse 2.500 euros en premios.

As persoas seleccionadas polo xurado (grupos, dúos ou individual) interpretarán un baile por participante. Os participantes, previa comunicación, poderán interpretar os temas de maior duración. Non poderán coincidir en temas musicais entre as persoas candidatas e, de ser así, deberán chegar a acordo para non interpretar o mesmo. Como segunda opción, será a organización a que decida o tema coincidente entre os concursantes afectados. Nesta fase o ditarase o fallo do xurado cos premiados, que será inapelable.  

O Baila con Ames é un concurso organizado pola Concellaría de Promoción Económica en colaboración coas asociacións de empresarios Novo Milladoiro e maila Xuntanza de Empresarios de Ames. A primeira edición do certame botou a andar o pasado 21 de xuño coa xornada de preselección nas que participaron 65 persoas de Ames e doutros concellos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, valora de xeito moi positivo a acollida que tivo a primeira edición do concurso Baila con Ames: “Este é un concurso que xa tíñamos pensado poñer en marcha dende hai dous anos, para darlle continuidade ao concurso Canta con Ames que xa levamos celebrando dende 2021. Hai moita xente en Ames e na súa contorna que lles gusta bailar, o que atraeu a moitas persoas ao noso concello para participar neste concurso”.

Debido á gran calidade das actuacións dos participantes nas dúas categorías do certame, o xurado decidiu que todos os/as participantes pasan á final. Deste xeito, a fase de preselección celebrada o 21 de xuño serviu de presentación das actuacións ante o xurado. Unhas 500 persoas acudiron de público e estiveron nas gradas das pistas deportivas do Milladoiro vendo os distintos espectáculos. Polo tanto, pasaron á fase final 9 participantes na categoría individual ou parella (5 persoas na categoría individual e 4 parellas) e 9 grupos (3 grupos de 3 persoas, 1 grupo de 4 persoas, 2 grupos de 5 persoas, 1 grupo de 8 persoas, 1 grupo de 9 persoas e 1 grupo de 12 persoas).

Na final, que se vai desenvolver este domingo 3 de agosto ás 19:00 horas, os finalistas terán que interpretar un baile por participante, sen repetir temas entre eles. O xurado escollerá despois un gañador ou gañadora por categoría. Este ano o xurado do concurso está composto por tres profesionais do mundo do baile: Daniela Filloy Posada, Magaly Balsa Vilas e María Iglesias Bermúdez.

Premios
Nesta primeira edición, os premios son:
Categoría individual/dúo: 1.000 euros para o gañador/a.
Categoría grupos: 1. 500 euros para os gañadores/as.

O xurado anunciará o día da final un gañador ou gañadora por categoría. Por cada categoría, as persoas gañadoras outorgaráselle un único trofeo en recoñecemento da súa participación, unha única cesta saudable, un único vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso e a posibilidade de bailar nas Prebadaladas de Ames 2024.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Bertamiráns acoge el sábado la final del concurso de baile"

El Correo Gallego: "La gran final de Baila con Ames se disputará con todos los seleccionados el próximo sábado 31"

A praza de Chavián acolle este sábado a final do concurso Baila con Ames

Multimedia

  • A praza de Chavián acolle este sábado a final do concurso Baila con Ames
  • A praza de Chavián acolle este sábado a final do concurso Baila con Ames