Martes, 31 de marzo de 2020
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Básicos, informa sobre as recomendacións e instrucións que hai que seguir na xestión de residuos domésticos nos fogares que hai persoas contaxiadas ou en corentena polo COVID-19. Deste xeito, durante o período de confinamento domiciliario pola pandemia do coronavirus, deben extremarse os coidados á hora de depositar os residuos domésticos que se xeran.
Segundo o disposto na Orde Ministerial publicada no BOE nº 79 do pasado 22 de marzo, os Equipos de Protección Individual (EPI's) dun domicilio onde viva unha persoa infectada deben depositarse no colector verde de "resto", seguindo as seguintes indicacións: na bolsa 1 hai que depositar os EPI's do enfermo contaxiado; dentro da bolsa 2 deben depositarse os EPI's do coidador e maila bolsa 1 ben pechada; e na bolsa 3 introducirase todos os residuos do domicilio e a bolsa 2 ben pechada.
Deste xeito, a bolsa 3, ben pechada, debe depositarse no interior do colector de "resto", que é o que ten a tapa amarela. Nunca se debe depositar en colectores de reciclaxe como cartón, envases lixeiros ou vidro. Como medida de seguridade, adoptouse a decisión de deixar os colectores de carga traseira coa tapa aberta. Ademais, prégase á veciñanza que non deixen nunca bolsas de lixo fóra dos colectores.
Servizo de recollida de enseres e voluminosos
Por outra banda, dende o Concello ínstase á sensatez dos/as veciños/as amesáns, que durante estes días teñen que permanecer confinados na casa, para que non depositen voluminosos xunto aos colectores convencionais. Deste xeito, recórdase que a empresa FCC está desenvolvendo con normalidade o servizo de recollida de voluminosos.
Para facer uso de dito servizo hai que chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, para acordar unha data e un lugar, coa finalidade de depositar o voluminoso xunto ao contedor máis próximo, para que posteriormente se realice a recollida de ditos enseres e voluminosos.

Reforzo do servizo de limpeza viaria
Ademais, a Concellaría de Servizos Básicos, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo municipal de limpeza viaria, reforzou os traballos de dito servizo. Deste xeito, reforzouse o servizo de baldeo (cisterna, lava-beirarrúas, carriños de baldeo e pulverizadores para aplicar os produtos hixienízantes) e limpeza das zonas con maior afluencia de xente como son os supermercados, centros de saúde, farmacias, estancos e mobiliario público (papeleiras e farois).

Ante a imposibilidade de realizar o servizo de mercado de rúa destínanse eses medios para reforzar e baldear as rúas principais do núcleo de Bertamiráns. Ademais, ante a imposibilidade de que a veciñanza acuda ao Punto Limpo do Milladoiro, o operario que traballa neste servizo municipal incorporouse tamén a tarefas de limpeza viaria e baldeo no Milladoiro.
Por último, estase prestando especial atención, de xeito diario, ao servizo de limpeza e baldeo no paseo fluvial con especial incidencia nos ouriños e excrementos dos cans. Estase dando prioridade ao uso da cisterna nos dous núcleos principais do Milladoiro e Bertamiráns e nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas, Millalar, Agro do Muíño, A Telleira, Pedregal, Acacias, O Bosque e aquelas outras nas que sexa preciso independentemente de que estean ou non no contrato actual.
Descargas: