Solapas principales

Preséntase o programa Amessan 2022-2023 con novas actividades e grupos adaptados á condición física dos usuarios/as

Miércoles, 21 de septiembre de 2022

O programa Amessan volve con novas actividades saudables para os e as maiores de 60 anos a partir do luns 3 de outubro de 2022. Este ano como novidade vanse a facer grupos diferentes de practicamente todas as actividades para atender ás persoas maiores de 60 anos, que se atopan moi activos e nunhas condicións físicas boas, e tamén aqueles outros/as usuarios/as que xa son un pouco máis maiores e que comezan a ter algún tipo de dificultade de mobilidade. Haberá novas actividades de guitarra e sesións de musico-terapia, que aglutina exercicio físico e terapia cognitiva para exercitar corpo e mente dun xeito lúdico. Ademais, mantéñense as actividade de bailo-terapia e baile en liña que tiveron unha gran éxito na pasada edición. As prazas increméntase preto dun 30% respecto ao ano pasado, pasando de 400 a 550. Aínda así tratarase de dar cabida a todas as persoas inscritas e que ninguén quede en lista de agarda.

A oferta deste curso inclúe, os xa coñecidos, cursos de decoración e restauración, estimulación cognitiva, ximnasia terapéutica, música tradicional galega ou bailo-terapia. Son actividades todas elas pensadas para manterse activos e coidar a saúde física e emocional dos maiores do concello. Os distintos cursos impartiranse en Bertamiráns e no Milladoiro, así como nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Lens, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e Oca.

Este ano haberá novas actividades de guitarra e sesións de musico-terapia, que aglutina exercicio físico e terapia cognitiva para exercitar corpo e mente dun xeito lúdico. Ademais, mantéñense as actividade de bailo-terapia e baile en liña que tiveron unha gran éxito na pasada edición.

Os interesados poden inscribirse e obter máis información no teléfono 662 377 044 ou 630 693 404. Tamén poden realizar a súa inscrición de xeito presencial nas Casas de Cultura do Milladoiro e Bertamiráns en horario de 9:00 a 12:00 horas. As prazas increméntase preto dun 30% respecto ao ano pasado, pasando de 400 a 550. Aínda así tratarase de dar cabida a todas as persoas inscritas e que ninguén quede en lista de agarda.

Amessan: elemento de socialización e de encontro
A concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, destaca que “este ano tratamos de modernizar un pouco máis o programa Amessan e facer unha serie de divisións que levabamos tempo vendo que son necesarias. O programa temos que ir adaptando aos novos tempos, xa que as persoas con 60 anos de hai 20 anos non son as mesmas que as de agora con esa idade. Ademais tamén temos que adaptarnos ao que nos demandan os usuarios e usuarias. Mantemos os piares básicos do programa que son a ximnasia terapéutica e mailos obradoiros de memoria, pero na ximnasia terapéutica facemos un desdobre, polo que haberá unha actividade de ximnasia para os sénior, que son aquelas persoas que aínda están activas, e tamén se oferta outra actividade de ximnasia para os súper-sénior que son eses usuarios/as que xa necesitan unha actividade mais adaptada empregando elementos como poden ser cadeiras e fitball”.

Ademais, engadiu que “desexamos que todos os maiores de Ames poidan ter acceso a estas actividades como un elemento de socialización e de encontro. Este ano incluímos varias novidades como encontros en diferentes momentos do ano, tamén se farán excursións e incluso empezaremos a afacer algunha sesión de baile para favorecer o encontro entre os diferentes grupos que participan no programa. As actividades continúan impartíndose nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro e nos locais socias de todas as parroquias. Intentamos adecuarnos ao que nos demandan os usuarios e usuarias de cada grupo”.

Reforzo do programa
O coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos, dixo “o importante deste ano é que se vai reforzar o programa co desdobre de practicamente todas as actividades en dous grupos diferentes, para tratar de dar cabida tanto ás persoas que se atopan moi activos e nunhas condicións físicas boas, e tamén aqueles outros/as usuarios/as que xa son un pouco máis maiores e que comezan a ter algún tipo de dificultade de mobilidade. Este programa naceu coa intención de espallar as actividades que se ofrecen por todo o rural, para que as persoas maiores que viven no rural saísen da casa e socializasen co resto dos/as participantes, e esa esencia segue manténdose. Por iso en practicamente todas as parroquias hai actividades lúdicas, cognitivas e terapéuticas”.

Yago Rei, representante da empresa Esproade SL, adxudicataria do servizo de monitores/as que imparten as actividades do programa Amessan, explicou que “o máis importante é adaptarse ás necesidades da poboación, tendo en conta á poboación urbana e a poboación que vive no rural. Hai que facer un traballo transversal tendo en conta os diferentes aspectos do desenvolvemento para tratar de frear a involución que implica a propia idade. É moi importante facer un traballo de xeito conxunto co Concello para poder facer un seguimento dos e das usuarias e deste xeito tratar de detectar posibles involucións que poidan xerar un illamento da persoa e que derive nalgún tipo de patoloxía. Este programa non é un fin en si mesmo senón que forma parte dun proxecto moito máis amplo do departamento de Benestar Social”.

Programa de acompañamento e de encontro para os maiores
O alcalde de Ames, Blas García, foi o que pechou a quenda de intervencións e explicou que “Amessan é un dos programas de referencia do Concello e incluso me atrevo a dicir que para outros Concellos. Este programa foi medrando dende que comezou e foise adaptando ás necesidades dos usuarios/as coa inclusión de novas actividades. En Ames somos o concello máis xoven de Galicia, pero tamén contamos cun importante grupo de persoas maiores que apoiamos con programas como este que permiten que sexa un lugar de encontro e de acompañamento para eles”.  Ademais, incidiu na importancia que ten a empresa de monitoraxe que imparte as actividades xa que “crean un vinculo e unha relación moi especial coas persoas maiores, que incluso permite detectar outros problemas que non forman parte deste servizo pero que é fundamental detectalos a tempo”.

Por último, destacou “a importancia que ten outro servizo municipal como é o transporte adaptado, que é único en Galicia nas condicións que se presta no concello de Ames, que serve para que as persoas maiores con problemas de mobilidade se poidan desprazar a facer tarefas da vida cotiá como poden ser ir ao médico, á farmacia ou ao supermercado”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Amessan regresa con novedades para poner en forma a más de 500 mayores"

La Voz de Galicia: "Amessan retoma las actividades saludables para mayores de Ames en octubre"

Enfoques: "El Concello de Ames presenta Amessan 2022-2023, con más plazas y nuevas actividades"

Imaxe da presentación do programa Amessan 2022-2023

Multimedia

  • Imaxe da presentación do programa Amessan 2022-2023
  • Cartaz do programa Amessan 2022-2023