Solapas principales

Preto de 170 patinadoras e patinadores participaron no XII Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas

Jueves, 04 de mayo de 2023

O Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro, e o Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, organizaron o pasado domingo, 30 de abril, a décimo segunda edición do Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames, no que colaborou o propio Concello a través da Concellaría de Deportes. O evento desenvolveuse en horario de mañá no pavillón municipal de Bertamiráns. O programa incluíu dúas competicións entre os grupos das escolas e exhibicións dos clubs de patinaxe amesáns, que realizaron diferentes coreografías. Premendo nesta ligazón podes descargar a galería de fotos do Encontro de patinaxe artística.

O pavillón municipal de Bertamiráns acolleu o pasado domingo 30 de abril o XII Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames, un evento deportivo no que participaron as rapazas e rapaces das escolas de patinaxe artística de Ames. Ao longo da mañá realizaron diversas coreografías grupais nas que interpretaron diferentes ideas e mostraron o aprendido ao longo do curso 2022 – 2023.

As portas do pavillón abríronse ás 11:30h e o encontro comezou ás 12:00 horas coas dúas primeiras exhibicións dos clubs de patinaxe de Ames: o CP Sarela, que contou coa actuación individual de Inés Peña Rodríguez, da categoría nacional xuvenil; e o CPA Omega, cun espectáculo de Aroha Traba Castiñeiras, da categoría nacional benxamín.

A continuación realizouse a competición dos grupos show (categoría base), que incluíu a actuación de cinco conxuntos e que durou aproximadamente media hora. Participaron o grupo de Barouta, con “As bonecas cobran vida”; os grupos 1 e 4 de Bertamiráns, con “Hakuna Matata” e “Amazonas”, respectivamente; e os grupos 1 e 0 do Milladoiro, con “O antigo Exipto” e “Pasión de Andalucía”.

Posteriormente houbo dúas novas exhibicións individuais: a de Antía Casabella Cayazzo, do CPA Omega, e da categoría nacional cadete; e a de María Peña Rodríguez, do CP Sarela e da categoría nacional sénior.

Xa ás 13:00h desenvolveuse a última das competicións dos grupos show (categoría avanzada): os grupos G3 e G2 de Bertamiráns interpretaron “Peste” e “Realidade ou ficción?”, e o G2 do Milladoiro “A vida pirata”.

Para rematar, realizáronse as exhibicións de Jorge Sanmartín Villanueva, do CP Sarela (categoría nacional xuvenil), e Alicia Lariño Iglesias, do CPA Omega (categoría nacional cadete). Finalmente, houbo unha entrega de medallas e diplomas ás patinadoras e patinadores participantes no encontro.

Preto de 170 patinadoras e patinadores participaron no XII Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas

Multimedia

  • Preto de 170 patinadoras e patinadores participaron no XII Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas