Solapas principales

Preto de 300 persoas participaron na carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”

Sábado, 23 de marzo de 2024

Prevista inicialmente para o pasado venres 8 de marzo, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, organizada pola Concellería de Igualdade, finalmente celebrouse hoxe, 22 de marzo, ás 17:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Na proba inscribíronse preto de 300 persoas. Esta actividade forma parte da programación municipal polo 8M. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes da carreira.

Antes de comezar a carreira da muller, gardouse un minuto de silencio en repulsa do crime machista ocorrido esta semana en Ribeira. Deste xeito, mostrouse unha vez máis, a repulsa da veciñanza amesá ante esta lacra.

A concelleira de Igualdade, Uxía García, destacou que “non podíamos non celebrar esta carreira. O mal tempo frustrou o primeiro intento, pero a data na que se celebre o 8M é o de menos. Calquera día é bo para a reivindicación dunha igualdade real entre homes e mulleres”.

Participación familiar
A cuarta edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta” desenvolveuse nun ambiente festivo e moi familiar. Foron preto de 300 as/os participantes que se achegaron ao Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para participar na iniciativa, organizada pola concellería de lgualdade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, que tivo lugar o pasado 8 de marzo.

Nesta proba participaron numerosas familias de Ames que superaron de forma conxunta os diferentes obstáculos instalados no circuíto. Tamén houbo unha ampla participación de concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos distintos grupos municipais con representación na Corporación municipal.

600 metros e nove obstáculos de baixa dificultade
O percorrido tivo unha distancia de 600 metros e contou con nove obstáculos de baixa dificultade para superar. Deste xeito, houbo zonas para reptar polo chan, pirámides, rodas, equilibrios, muros verticais, tubos, etc. Así mesmo, ao longo do recorrido dispuxéronse diversas mensaxes para visibilizar os atrancos e as dificultades que teñen que superar as mulleres na súa vida diaria: empoderamento, teito de cristal, igualdade de oportunidades, corresponsabilidade, mesmos dereitos, etc.

Trala carreira, todos e todas as corredoras participaron nun sorteo de agasallos, organizado grazas á colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), que colaborou nesta iniciativa con diversos premios. As/os participantes na carreira da muller foron agasalladas/os cunha camiseta e unha medalla.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La carrera de obstáculos por la igualdad «Moitos camiños, mesma meta» de Ames reunió a cerca de 300 personas"

El Correo Gallego: "Carrera del 8M en Ames: Moitos camiños, mesma meta"

El Correo Gallego: "Casi 300 personas vencieron los obstáculos contra la mujer en la carrera del 8M en Ames"

Preto de 300 persoas participaron na carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”

Multimedia

  • Preto de 300 persoas participaron na carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”

  • Embedded thumbnail for