Solapas principales

Primeira sesión dos “Seráns de Ames” neste mes de agosto coa representación de “La coquette” de Kanbahiota

Miércoles, 02 de agosto de 2023

“Seráns de Ames” é unha programación de verán para todos os públicos que volve ao concello por terceiro ano consecutivo, despois de que no ano 2021 se estrease a iniciativa na praia fluvial de Tapia e no 2022 se ampliase á parroquia de Bugallido. Como en anteriores edicións, as doce actividades que conforman o programa desenvólvense todos os xoves dos meses de xullo e agosto.

Este xoves, 3 de agosto, ás 19.30 horas, realizarase en Tapia a representación da “La Coquette” de Kanbahiota, un espectáculo para todos os públicos con humor e circo onde a sinopse nos conta que personaxes vidos dos anos 50 se sorprenden do mundo que atopan. A gran “coquette”, unha gran artista, e seu patener empregaranse a fondo para sacar o espectáculo adiante.

Seráns de agosto
Despois de “La Coquette”, a segunda semana de agosto levará a Bugallido unha cita dobre: o contacontos “Conto contiño”, con Bibiana Calvo e Divina Fernández; e a comedia teatral “A gran viaxe”, da compañía Inventi. Ambas terán lugar o xoves 10, a partir das 19:30 horas.

Xa o día 17, Tapia acollerá unha sesión de ludoteca familiar e os xogos de Nerea Couselo, ás 17:30 horas; e a obra “Chocolate”, de Teatro Calavera, unha actividade que mestura narración oral coa posta en escena teatral, ás 19:30 horas.

O programa pecharase o día 24 de agosto, en Bugallido, coa actuación musical de Brais das Hortas, que ofrecerá o seu espectáculo “Consertasso na horta”, ás 19:30 horas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Un viaje al pasado con 'La Coquette' este jueves en el área fluvial de Tapia"

Cartaz do espectáculo "La Coquette"