Solapas principales

Proceso selectivo para a confección dunha lista de agarda de oficiais de carpintería

Lunes, 17 de enero de 2011

[17-01-2011]

O departamento de Persoal fai público o anuncio e as bases para a confección dunha lista de agarda, destinada á realización de contratacións temporais de oficiais de carpintería para cubrir ausencias, necesidades ou reforzos de servizo na brigada de obras do Concello de Ames.

Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no rexistro xeral do Concello. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 21 de xaneiro de 2011.

O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que hai ao pé deste anuncio.